Cesare Balbo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cesare Balbo
Nacemento21 de novembro de 1789, 27 de novembro de 1789 e 1789
Lugar de nacementoTurín
Falecemento3 de xuño de 1853 e 1853
Lugar de falecementoTurín
NacionalidadeReino da Sardenha
Ocupaciónpolítico, escritor, historiador e tradutor
PaiProspero Balbo di Vinadio
editar datos en Wikidata ]
Cesare Balbo defende aos estudantes durante a revolución de 1821.

Cesare Balbo, nado en Torino o 21 de novembro de 1789 e finado o 3 de xuño de 1853, foi un escritor e político italiano, presidente do Consello do Reino de Sardeña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do aristócrata Prospero Balbo, que ocupaba unha alta posición na corte, a súa nai morreu cando el tiña tres anos, polo que se educou na casa da súa bisavoa, a condesa de Bugino. En 1798 marchou co seu pai a París. Entre 1808 e 1814 serviu o réxime napoleónico en Florencia, Roma, París e Iliria, á caída de Napoleon volveu ao seu país, ingresou no exército e realizou misións políticas en París e Londres. Tras a revolución de 1821, que el desaprobaba, foi suspendido nas súas funcións acusado de simpatizar con ela e tivo que marchar ao exilio, pouco despois permitíuselle volver, pero as súas tentativas de volver ao servizo público fracasaron, polo que se dedicou á literatura, en 1848 foi nomeado membro da Comisión electoral e converteuse no primeiro ministro constitucional do Piemonte, pero só estivo no posto uns meses.

Balbo foi un defensor da independencia de Italia do control estranxeiro, para o que pensaba unha confederación de estados independentes baixo a supremacía do Papa e con Piemonte xogando un papel prominente.

Autor de La vita di Dante (1839) e La speranze d'Italia (1843) e Sommario della storia d'Italia (1848)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]