Cesáreo Onzari
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Cesáreo Onzari | ||
| Nacemento | 1 de febreiro de 1903 | ||
| Lugar | Bos Aires, Arxentina | ||
| Posición | Dianteiro | ||
| Carreira xuvenil | |||
| 1919 | Sportivo Boedo | ||
| 1920 | Club General Mitre | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 1921–1933 | Club Atlético Huracán | 157 | (61) |
| Selección nacional | |||
| Selección de fútbol de Arxentina | 14 | (5) | |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. † Aparicións (Goles) |
|||
Cesáreo Onzari, nado o 1 de febreiro de 1903 en Bos Aires e finado o 7 de xaneiro de 1964 na mesma cidade, foi un futbolista arxentino que xogaba na demarcación de dianteiro.
Índice |
Traxectoria [editar]
Comezou a xogar profesionalmente no Sportivo Boedo e no Club General Mitre. No ano 1921 debutou no Club Atlético Huracán, onde transcurriria case a totalidade da súa carreira futbolística ata a súa retirada en 1933.
Ca Selección de fútbol de Arxentina disputou 14 encontros e marcou 5 goles.
Pese a que nunca pertenceu a Boca Juniors formou parte da xira europea do club bonaerense de 1925 e polo que foi nomeado Campión de honra do Campionato Arxentino a pesar de que numericamente quedara moi por detrás do vencedor.
O 2 de outubro de 1924 pasou á historia por marcar o primeiro gol de lanzamento directo dende o banderín de corner sen tocar en ningún xogador do que se ten constancia [1]. Sucedeu nun encontro amigabel entre a Selección de fútbol de Arxentina e a de Uruguai vixente campión olímpico, de ahí que este tipo de goles reciban o nome de gol olímpico. O gol foi válido grazas a un cambio no regulamento realizado ese mesmo ano, pois ata entón os saques dende o corner estaban regulados como lanzamentos indirectos, e polo tanto para ser legal debían tocar nalgún xogador.
Participación na Copa América [editar]
| Ano | Sede | Resultado |
|---|---|---|
| 1924 | Subcampión | |
| 1925 | Campión |
Palmarés [editar]
Campionatos nacionais [editar]
Campionatos internacionais [editar]
| Título | Club | País | Ano |
|---|---|---|---|
| Copa América | Selección de fútbol de Arxentina | Arxentina | 1925 |
Notas [editar]
- ↑ http://edant.clarin.com/diario/2004/10/02/deportes/d-07101.htm O gol oímpico cumple 80 anos (02/10/2004)