Cervantes
Coordenadas: 42°52′22″N 07°03′44″W / 42.87278°N 7.06222°W
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cervantes (homónimos).
| Cervantes | |
|---|---|
| Casa consistorial | |
| Situación | |
| Xentilicio[1]: | Cervantego |
| Xeografía | |
| Provincia: | Provincia de Lugo |
| Comarca: | Ancares |
| Poboación: | 1.695 hab. (2010) |
| Área: | 277,6 km² |
| Densidade: | 6,41 hab./km² |
| Entidades de poboación: | 21 parroquias |
| Capital do concello: | San Román |
| Política (2011) | |
| Alcalde: | Benigno Gómez Tadín (PSdeG-PSOE) |
| Concelleiros: | BNG: 0 PPdeG: 3 PSdeG-PSOE: 6 Outros: - |
| Eleccións municipais en Cervantes | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes: | 99,32 % |
| Sitio web oficial | |
| http://concellocervantes.es | |
Cervantes é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o IGE no 2009 tiña 1.731 habitantes (1.844 no 2007, 1.914 no 2006, 1.973 no 2005, 2.031 no 2004, 2.080 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Cervantego.
| Evolución da poboación de Cervantes - desde 1900 ata 2009 - | |||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 |
| 7.181 | 7.245 | 7.952 | 3.218 | 2.031 | {{{6}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||
| Censo Total | 1.695 |
| Menores de 15 anos | 90 (5,31%) |
| Entre 15 e 64 anos | 928 (54,75%) |
| Maiores de 65 anos | 677 (39,94%) |
Índice |
[editar] Xeografía
O concello ten unha superficie de 276 km². Está enmarcado no leste da provincia de Lugo, xa lindando con Asturias. Os seus cumios máis importantes son O Mustallar (1.924 m), Pico Penalonga (1.890 m), Pico Lagos (1.876 m), Pico Corno Maldito (1.848 m), Pico dos Charcos (1.847 m) e Pico Pena Rubia (1.821 m).
Está atravesado polos ríos Navia, Ser, Quindous, Cancelada, Cervantes, Barcia, Cabana, Castro, Cales, Cereixedo, Covas, Pontorrón, Ribón, Vilarello e Vilaver.
[editar] Historia
O topónimo Cervantes fai referencia a que a zona é terra de cervos.
Os primeiros asentamentos no concello de Cervantes son de orixe prerromana. Da cultura castrexa consérvanse o castro de Santa María de Cervantes. Desa mesma época proceden as pallozas típicas dos Ancares, existentes aínda en aldeas coma Piornedo.
Durante a Idade Media as terras pertenceron a diferentes nobres, coma o marqués de San Sadurniño (que residiron até finais do século XIX no castelo de Quindós), ou o señor de Cervantes, conde de Villanueva de Cañedo e marqués de Alcañices, que exerceu xurisdición na zona desde o castelo de Doiras. A actual demarcación do concello chegou a estar dividida entre dous señoríos: o de San Miguel dos Agros e o dos condes de Grajal.
Sobre a orixe do escritor Miguel de Cervantes, tense falado da súa descendencia da liñaxe dos Cervantes. O cardeal das Indias Españolas, Álvaro Mendoza Caamaño y Sotomayor, era natural do Pando de Donís, e mandou construír en Lama de Rei un suntuoso pazo.
Durante a Guerra de Independencia as tropas napoleónicas, chegadas polo Camiño Real de Castela atoparon confrontación por parte das alarmas populares, que amparados pola orografía comarcal causaron varias baixas no exército invasor.
[editar] Patrimonio
O patrimonio arquitectónico máis coñecido do concello son as pallozas, conservadas en Piornedo, Donís, Robledo, Pozo, Pando, Sevane e Vilarello. Outras construcións populares son os frecuentes hórreos e pombais.
O castelo de Doiras é un dos mellores conservados de Galiza. A torre de Donís sinala a supervivencia señorial dun pobo de pastores, habitantes das pallozas. A fortaleza de Ferreira pertenceu aos dominios de Pedro Osorio Manrique.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Cervantes.
-
Palloza en Piornedo
[editar] Lugares de Cervantes
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cervantes vexa: Lugares de Cervantes.
[editar] Parroquias
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
| Concellos da Comarca dos Ancares | ||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Becerreá |
As Nogais |
Baralla |
Cervantes |
Navia de Suarna |
Pedrafita do Cebreiro |
|||||
|
|||||
|
|||||
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |