Cerquiño
| Cerquiño | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Quercus pyrenaica Willd. | ||||||||||||
O cerquiño, cerqueiro, carballo negro, rebolo ou touza (Quercus pyrenaica Willd.) é unha árbore monoica que habita en bosques caducifolios de montaña. Pode chegar até os 20 ou 25 metros.
Ten raíces profundas, cun eixo central e numerosas raíces horizontais estoloníferas. O tronco é dereito e de cor grisalla ou parda, grosa e con gretas; a copa é alta e ampla.
As follas miden 8-16 x 4-12 cm., cun pecíolo de 5-20 mm; son simples, alternas, de forma elíptica e moi pinnatipartidas; teñen cor verde cincenta mate na face e abrancazada polo tomento no envés.
As landras, de 1,5-4,5 cm., teñen unha cúpula que cobre máis da metade, e teñen un pedúnculo de non máis de 4 cm.
Os cerquiños teñen flores unisexuais. Florecen entre maio e xuño.
É orixinaria do suroeste de Europa e do norte de África e en Galiza abunda no sur e leste.