Ceredig ap Gwallog

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ceretic de Elmet, ou Ceredig ap Gwallog, foi o derradeiro rei de Elmet, un reino britón que existiu na zona de West Yorkshire da Britannia setentrional durante a época posromana.

Beda informa que Santa Hilda (nada en 614), membro da familia real de Deira, medrou na corte do rei Ceretic, despois de fuxir do usurpador northumbrio, Æthelfrith de Bernicia. Beda describe a Ceretic como "rei dos britóns", se cadra falabas ó dos britóns desa zona. Cando Edwin de Deira volveu ao poder en 617, Ceretic foi expulsado, supostamente debido á complicidade no envelenamento do pai de de Hilda, e o seu reino foi anexionado a Northumbria. Probabelmente fose el o Ceretic cuxa mortes e recorda nos Annales Cambriae en 616 (que habería que corrixir a 617 ou pouco despois).[1] Pénsase xeralmente que é o mesmo que o Ceredig ap Gwallog, un 'Home do Norte', cuxo pai, Gwallog ap Llaennog, é asociado con Elmet polo poeta Taliesin.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. J. Morris (ed.), Nennius, British History, and the Welsh Annals (Phillimore, 1980), p. 86: 616 an: Ceretic obiit.