Cerbère

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cerbère
Información
País Francia Francia
Rexión Flag of Languedoc-Roussillon.svg Languedoc-Rosellón
Departamento Pireneos Orientais
Superficie 8,18 km²
Poboación 1.573 hab. (2008)
Densidade 192 hab./km²
Alcalde Jean-Claude Portella
Cerbère (66).JPG

Cerbère (en catalán: Cervera de la Marenda) é unha comuna francesa situada no departamento dos Pireneos Orientais, na rexión do Languedoc-Rosellón. Pertence ao distrito de Céret e ao cantón de Côte Vermeille e contaba con 1.573 habitantes en 2008.

Cerbère é o municipio francés máis oriental que é limítrofe con España. Limita concretamente con Portbou, na provincia de Xirona.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Limita con Banyuls-sur-Mer e con Portbou (España). A súa altitude oscila desde os 0 m ao nivel do Mediterráneo ata os 643 m nas Albères.

Forma parte da Costa Vermella.

Historia[editar | editar a fonte]

No lugar que hoxe ocupa a comuna de Cerbère atopáronse numerosos restos prehistóricos, e tamén é citada en documentos tanto da Idade Antiga como da Idade Media, pero será no século XIX cando a historia de Cerbère dará un tombo radical.

O 1864 asinouse un acordo entre España e Francia para facer pasar polo Col des Belitres o ferrocarril entre os dous estados e de construír as estacións fronteirizas de Portbou e de Cerbère, que foi inaugurada en 1878. O tránsito rapidamente logrou unha gran importancia e dado a diferenza de anchura das vías españolas e francesas foi necesaria a construción de grandes instalacións para facilitar o transbordo de mercancías.

Creceu considerablemente a poboación e en 1889 creouse a comuna de Cerbère que non parou de crecer ata moi pasada a metade do século XX cando a mecanización de moitas tarefas, a competencia doutros medios de transporte e máis adiante a supresión das barreiras aduaneiras supuxo unha certa redución dos postos de traballo.

Hotel Belvédère du Rayon Vert

O papel económico da estación de Cerbère continúa sendo bastante importante, a pesar de todo, como o testemuñan os 2,5 millóns de toneladas de mercancías (1998) ou os 15.000 trens anuais que transitan.

Hai que destacar tamén o incremento das actividades turísticas.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

  • Igrexa parroquial de San Salvador de Cerbère, construída nos anos 1880.
  • Pedra Dreta, monumento megalítico.
  • Estación internacional, edificada en 1878.
  • Hotel Belvédère du Rayon Vert, construción de 1932.
  • Faro do Fin do Mundo.
  • Cantís e praia de Bou Fallut.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cerbère Modificar a ligazón no Wikidata