Centrophorus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Centrophorus
Rango fósil: paleoceno superior - actualidade [1]

Centrophorus granulosus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Chondrichthyes
Subclase: Elasmobranchii
Superorde: Selachimorpha
Orde: Squaliformes
Familia: Centrophoridae
Xénero: Centrophorus
J. P. Müller & Henle, 1837
Especies
Véxase o texto

Centrophorus é o xénero tipo da familia dos centrofóridos, condrictios da orde dos escualiformes, que son tiburóns propios das augas profundas coñecidos como lixas.

As súas especies caracterízanse polo seu corpo fusiforme, de cor cincenta ou apardazada, polos seus ollos grandes de cor verdosa e por levaren espiñas en ambas as aletas dorsais.

Esta última característica está na orixe do nome xenérico (do grego antigo: κέντρον kéntron, "agullón", "espiña" e φορέω phoréo, "levar", "mostrar").

O xénero, presente no rexistro fósil desde o paleoceno, ten unha distribución que inclúe as augas oceánicas das rexións temperadas e tropicais.

Especies[editar | editar a fonte]

O xénero Centrophorus comprende as seguintes especies:[2]

Centrophorus granulosus
Centrophorus squamosus

En Galicia[editar | editar a fonte]

Artigos principais: Lixa de lei, Lixa negra e Lixa lusitánica.

En augas galegas aparecen citadas na bibliografía as especies Centrophorus granulosus [4], para a que Ríos Panisse recolleu na Guarda o nome de lixa,[5] e Centrophorus squamosus [6] Non aparece na bibliografía galega Centrophorus lusitanicus pero, dada á súa área de distribución, non sería raro que tamén frecuentase as nosas augas.

Áreas de distribución das lixas citadas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sepkoski, Jack (2002): "A compendium of fossil marine animal genera" (Chondrichthyes entry), Bulletins of American Paleontology, 364: 560. [1] Arquivado 10 de maio de 2012 en Wayback Machine.
  2. Froese, Rainer e Daniel Pauly, (eds.) (2011): Centrophorus en FishBase. Edición de febreiro de 211. Consultada o 14/12/2012.
  3. 3,0 3,1 3,2 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 189.
  4. Rodríguez Villanueva et al. (1992), p. 92.
  5. Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimnas de Galicia. I. Invertebrados y peces.. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela, Verba, Anejo 7. ISBN 84-7191-008-X, p. 169.
  6. Rodríguez Villanueva et al. (1992), p. 93.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2.
  • Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, p. 189.
  • Moreno, Juan A. (2004): Guía de los tiburones de aguas ibéricas, Atlántico nororiental y Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 978-84-282-1367-7.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25031-7.
  • Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.
  • Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]