Centropómidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Centropomus undecimalis

Os Centropómidos (Centropomidae) son unha familia de peixes mariños e algúns de auga doce incluída na orde dos Perciformes. Están distribuídos por ríos de América e polo océano Atlántico.

Características[editar | editar a fonte]

Teñen cabeza grande e algo deprimida dorsalmente, con boca grande e protráctil e a mandíbula inferior moi prominente. Preopérculo aserrado con 1-2 espiñas. Liña lateral continua e algo arqueada.

Dúas aletas dorsais separadas, con 7 a 8 espiñas na primeira e 1 espiña e 8-11 radios brandos na segunda, mentres que a anal ten 3 espiñas e 6-9 radios brandos. As pelvianas, cunha espiña e 5 radios brandos, insírense detrás das pectorais.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Actualmente considérase integrada por un único xénero con 12 especies, pero ata ai pouco incluía tamén os xéneros Hypopterus, Lates e Psammoperca, hoxe clasificados dentro da familia Latidae. [1]

  • Xénero Centropomus (Lacepède, 1802)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ITIS mantén (4.01.2012) os catro xéneros dentro da familia Centropomidae, dividida en dúas subfamilias: Centropominae e Latinae.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Centropómidos
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Centropómidos