Central nuclear de Almaraz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Central Nuclear de Almaraz

A central nuclear de Almaraz é unha das oito centrais nucleares en funcionamento en España.

Localización[editar | editar a fonte]

Está situada no concello de Almaraz (Cáceres), na comarca natural Campo Arañuelo e refrixerada polo río Texo. Atópase a pouca distancia da N-V, a principal vía de comunicación entre Madrid e Estremadura. Empezouse a construír en 1972, co que se converteu na primeira das centrais nucleares españolas, pero o primeiro reactor non entrou en funcionamento ata 1981, co que xa pertence á segunda xeración de nucleares dese país. O segundo comezou a operar en 1983. O recinto total da central ten unha superficie de 1.683 hectáreas (16,83 km2).

Características[editar | editar a fonte]

A central posúe dous reactores, Almaraz I, de 973.5 MW e Almaraz II de 982.6 MW. Refrixérase en circuíto aberto con auga do encoro de Arrocampo. Son reactores do tipo de auga a presión.

Almaraz produciu en 2007 15.208.435 MWh, dos que 8.488.011[1] foron xerados polo reactor número 1 e 6.720.424[2] polo segundo reactor.

Xestión[editar | editar a fonte]

O funcionamento de Almaraz xerou, e aínda xera, numerosas protestas de colectivos ecoloxistas e cidadáns

A central de Almaraz está xestionada por tres eléctricas, que se reparten a propiedade e o beneficio conforme a estas porcentaxes:

Notas[editar | editar a fonte]