Cenlle, Cenlle
| Cenlle | |
|---|---|
| Situación da parroquia no concello de Cenlle. | |
| Concello | Cenlle |
| Área | - km² |
| Poboación | (Ano 2004) 310 hab. |
| Densidade | - hab./km² |
| Entidades de poboación | 6 |
Santa María de Cenlle é unha parroquia do concello de Cenlle, provincia de Ourense. O Curato é de entrada e provisión ordinaria.
Índice |
[editar] Xeografía
Está situada nun outeiro no centro do concello lindando polo norte con San Fiz de Navío, ao leste con Razamonde e Vilar de Rei, ao sur con Sadurnín e ao oeste coa Pena.
O terreo é pedregoso dominado polo monte Barazal dende o cal se divisa case todo o partido xudicial de Ribadavia e parte do de O Carballiño.
[editar] Patrimonio
No monte Barazal existe unha ermida de San Breixo e na praza do mesmo nome atopábase a casa chamada A Tenencia, que era do Cabido de Ourense, con 1.800 xornais de terra, lugar onde recollía os froitos que anualmente recollía en concepto de foros e rendas. Tamén existe unha capela de San Bieito de propiedade particular.
Nesta parroquia existían dous escudos hoxe desaparecidos e un "cemiterio de brasóns", que alude aos apelidos Pallarés e Piñeiro. Leva unha man portando un feixe de espigas, un castelo e un piñeiro.
Tamén había unha almea que se atopaba na entrada dunha casa, que con dous mais iguais, facían un conxunto do portalón da casa e que puideran corresponder co apelido Deza, dado que cada un leva unha flor de lis. Atópase na actualidade en mans dun anticuario.
[editar] Festas
Celébranse as súas festas patronais o día da Asunción, o 14, 15 e 16 de agosto.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Cenlle
| Lugares da parroquia de Cenlle no concello de Cenlle | |
|---|---|
[editar] Parroquias de Cenlle
| Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Cenlle | |
|---|---|
|
A Barca de Barbantes (Santo Antonio) | Cenlle (Santa María) | Esposende (Santa Mariña) | Laias (Santa Baia) | Osmo (San Miguel) | A Pena (San Lourenzo) | Razamonde (Santa María) | Sadurnín (San Xoán) | Trasariz (Santiago) | Vilar de Rei (San Miguel) |