Cementación (xeoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arenita, rocha que litificou tras sufrir compactación e cementación.

Denomínase cementación o proceso polo cal, durante a diaxénese, precipitan os sales disolvidos na auga situada nos poros dos sedimentos.[1] As partículas constituíntes destes (clastos, cantos, areas...) quedan unidas entre si.

A cementación, xunto coa compactación, producen a litificación.[2]

O precipitado que se forma denomínase cemento,[3] cuxa su composición pode ser moi variada, aínda que abundan os cementos de sílice, carbonatos e óxidos de ferro.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. (Iriondo 2007)
  2. (Dercourt & Paquet 1978)
  3. Universidade de Granada. "Petrología: Rocas sedimentarias". Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2014. Consultado o 03 de maio de 2015. 
  4. Planetary Science Institute. "Glosario de términos geológicos". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2010. Consultado o 03 de maio de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]