Celso Albelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCelso Albelo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de novembro de 1976 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Santa Cruz de Tenerife, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante de ópera , actor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2006 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
TesituraTenor Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

Páxina webcelsoalbelo.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm4332629 Musicbrainz: a075a4dc-0e4e-4c30-b0e2-f4a686d44b5d Editar o valor em Wikidata

Celso Albelo, nado en Santa Cruz de Tenerife en 1976, é un tenor español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacido en Santa Cruz de Tenerife, recibiu as súas primeiras leccións de canto con Pilar Castro Palazón, ingresando posteriormente no Conservatorio Superior de Música da súa cidade con Isabel García Soto e na Escola Superior de Música Raíña Sofía de Madrid con Tom Krause e Manuel Cid, perfeccionándose máis tarde con Carlo Bergonzi na Accademia de Busseto.

En 2006 debutou co personaxe do Duca di Mantova de Rigoletto (Verdi) en Busseto [1], xunto a Leo Nucci. Logo cantou no Teatro alla Scala de Milán (Pagliacci) [2], no Gran Teatro La Fenice de Venecia (L’elisir d’amore)[3], e no Rossini Opera Festival de Pésaro (Stabat Mater), na Accademia de Santa Cecilia en Roma (Guillaume Tell)[4], no Teatro Verdi de Trieste (Don Pasquale, Les pêcheurs de perles, Maria Stuarda), o Carlo Felice de Xénova (Don Pasquale), no Comunale de Boloña (I puritani), o Verdi de Salerno (Lucia di Lammermoor, I puritani), o Lirico de Cagliari (Falstaff, L’elisir d’amore), o Festival das Termas de Caracalla de Roma (Rigoletto), o Massimo Bellini de Catania (Maria Stuarda), o Teatro Real de Madrid (Rigoletto), el Pérez Galdós de Las Palmas de Gran Canaria (La Sonnambula[5], L’elisir d’amore), o Teatro Campoamor de Oviedo, o Festival de Ópera da Coruña (Rigoletto, Don Pasquale, I puritani[6], La Fille du régiment[7]), o Festival Castell de Peralada (Don Pasquale), o Opernhaus de Zürich (Rigoletto, Don Pasquale, La Juive, Gianni Schicchi, Maria Stuarda), o Festival de Ópera de Savonlinna (I puritani), o Festspielhaus Baden-Baden (La Sonnambula), o Ópera de Toquio (Lakmé), Ópera de Montecarlo (Rigoletto), a Ópera de Hamburgo (L’elisir d’amore) e o Concertgebouw de Ámsterdam (Guillaume Tell).

Repertorio[editar | editar a fonte]

Repertorio operístico
Personaxe Título Compositor
Gualterio Il pirata Bellini
Elvino La sonnambula Bellini
Arturo I puritani Bellini
Nadir Les Percheurs de Perles Bizet
Gerald Lakmé Delibes
Percy Anna Bolena Donizetti
Nemorino L'elisir d'amore Donizetti
Leicester Maria Stuarda Donizetti
Edgardo Lucia di Lammermoor Donizetti
Tonio La Fille du régiment Donizetti
Ernesto Don Pasquale Donizetti
Leopold La Juive Halévy
Arlecchino Pagliacci Leoncavallo
Don Ottavio Don Giovanni Mozart
Ferrando Così fan tutte Mozart
Rinuccio Gianni Schicchi Puccini
Ruodi, pescador Guillaume Tell Rossini
Duca di Mantova Rigoletto Verdi
Fenton Falstaff Verdi

Outras obras do seu repertorio:

Premios[editar | editar a fonte]

Celso Albelo foi galardoado nos Premios Ópera Actual 2008, o Oscar da Lírica da Fundación Verona per l’Arena (2010) e o Premio Lírico Teatro Campoamor 2010 na categoría Cantante revelación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Busseto: Rigoletto
  2. "Pagliacci, Del Teatro". Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2011. Consultado o 02 de agosto de 2012. 
  3. L'Elisir d'amore, GB Opera
  4. Guillaume Tell, Operaclick
  5. "Salvados por la Diva, Mundoclasico". Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2012. Consultado o 02 de agosto de 2012. 
  6. "Arturo, con A de Albelo, Mundoclasico". Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2012. Consultado o 02 de agosto de 2012. 
  7. "Había una vez un circo, Mundoclasico". Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2012. Consultado o 02 de agosto de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]