Celje Pivovarna Lasko

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
RK Celje
Fundado en 1947
Sede Flag of Slovenia.svg Celje
Cancha Dvorana Zlatorog.JPG
Zlatorog Arena (6.000 esp.)
Cores            
Liga Liga eslovena de balonmán
Campionatos 17 (1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008, 2010)
Sitio Web www.rk-celje.si

O RK Celje Pivovarna Laško é un club de balonmán da cidade eslovena de Celje, fundado en 1947, e coñecido polos seus éxitos en competicións europeas. O equipo xoga os seus encontros como local no Zlatorog Arena con capacidade para 6000 seareiros. As cores principais do club son o amarelo (camisola) e o verde (pantalóns).

Na liga eslovena domina con autoridade o palmarés, con 17 títulos de liga en 21 edicións. Os seus principais rivais na competición local son o RK Cimos Koper e o RK Gorenje Velenje. Na máxima competición continental é habitual que chegue ás fases finais, meténdose en 7 ocasións entre os 4 mellores equipos, e acadando o título de campión de Europa en 2004, batendo na final ó conxunto alemán do SG Flensburg.

Xogadores tan salientables como Dragan Škrbić, Uroš Zorman, Eduard Kokscharow, Siarhei Rutenka, Dejan Perić, Petar Metličić ou Renato Vugrinec teñen defendido as cores deste club.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Competicións nacionais[editar | editar a fonte]

  • Liga eslovena de balonmán (17):
1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008, 2010
  • Copa eslovena de balonmán (16):
1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2004, 2006, 2007, 2010, 2012, 2013

Competicións europeas[editar | editar a fonte]

  • Liga de Campións da EHF (1):
2004
  • Supercopa da EHF (1):
2004

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]