Celestino Pichel Bouzas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de novembro de 1926 Cotobade, España |
Morte | 6 de outubro de 2014 (87 anos) |
Datos persoais | |
Residencia | Uruguai (1953–) |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | músico |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Celestino Pichel Bouzas, nado en Viascón (Cerdedo-Cotobade) en 1926, é un gaiteiro galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Emigrou a Uruguai en 1953, onde vive dende entón. Está considerado como o gaiteiro de máis idade de América. Despois de chegar a Montevideo vinculou a súa actividade musical coa Casa Gallega de Montevideo. Foi fundador e tesoureiro do Centro Pontevedrés de Montevideo. Dende 1990 dirixe a escola e o grupo de gaitas do Ballet Folclórico Obradoiro. Celestino Pichel é curmán de Ricardo Portela, o gaiteiro de Viascón.[1].
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
No ano 2009 a Deputación de Pontevedra outorgoulle o premio Entreculturas, que recoñece o labor de persoas e entidades no eido da defensa do emigrante e da cultura galega[2].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Reportaxe sobre a emigración galega en Uruguai e Celestino Pichel Arquivado 17/10/2007, en Wayback Machine. no programa da TVG Alalá, 24 de novembro de 2008.
- ↑ Acta do xurado cualificador do premio Entreculturas 2009