Celestino Cabarcos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Celestino Cabarcos Suárez, nado na Laxe (O Valadouro) o 14 de maio de 1883 e finado o 9 de xaneiro de 1961, foi un sacerdote e escritor galego.

[editar] Traxectoria

Ordenouse sacerdote en 1914, foi párroco de Lagoa dende 1931. Colaborador de numerosas publicacións periódicas como Vallibria, El Ideal Gallego ou Las Riberas del Eo, nos que empregaba os seudónimos de Cástulo ou O Bruxo dos Ermos.

Mantivo amizade cos poetas Antonio Noriega Varela, Gonzalo López Abente e Fernando López Barreiro, que lle dedicaron as súas obras D'o Ermo, Alento da Raza e Pavesas en la hoguera, respectivamente.

Celestino Cabarcos foi o primeiro en publicar poemas en lingua galega durante a Guerra Civil española en Galicia xa que seguiu a publicar a sección Cóxegas que mantiña en Vallibria aínda que nun ton de exaltación do bando sublevado e denigración do republicano, estes poemas de ton bélico non foron recollidos no seu único libro publicado.

[editar] Obra

  • Cóxegas, 1955 (poesía).
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas