Celbridge - Cill Droichid
| Celbridge Cill Droichid |
|||
|---|---|---|---|
| Provincia | Leinster | ||
| Condado | Condado de Kildare | ||
| Poboación | 20.000 hab. | ||
| Páxina web | www.celbridge.ie | ||
|
|||
| Cidade da República de Irlanda |
|||
Celbridge en inglés ou Cill Droichid en irlandés, é unha vila próxima ao río Liffey, na provincia de Leinster, no Condado de Kildare, Éire. Está situado a 22 quilómetros de Dublín, e ten unha poboación aproximada de 20,000 habitantes.
Nos últimos anos Celbridge experimentou un forte crecemento, ainda que a meirande parte dos servizos e o entretemento da cidade encóntranse en “main street” (a rúa principal). De feito, Celbridge é o municipio máis grande de Irlanda que ten só unha rúa. Ainda que aumentou de tamaño, non ten novas rúas "streets", senón "roads", moito máis pequenas e de menos importancia.
O nome de Celbridge deriva do gaélico "Cill Droichid", algo así como "A igrexa pola ponte". En ocasións foi denominada Kildrought en inglés.
Lugares de interese [editar]
A vila de Celbridge é moi coñecida porque nela se encontra a casa de Castletown. Castletown House atópase en "main street", e é coñecida como a casa máis grande de Irlanda, contruída en 1722. Entroutros, ten unha enorme sala de 80 pes elegantemente decorada e unha impresionante escaleira principal no vestíbulo, de viga voladiza e feita con pedra de Portland.
"Connolly's Folly" ou "The Obelisk" (o obelisco) é unha estrutura obelística cercana a Castletown House, construída en 1739. Mide 42 metros de alto e está decorada con formas de piedra.
Personaxes públicos [editar]
Celbridge foi lugar de residencia de Vanessa Van Homrigh, a amante de Jonathan Swift, o famoso escritor irlandés, autor de As viaxes de Gulliver.
Sir Arthur Guinness, fundador da empresa cervexeira que leva o seu nome, tamén naceu nesta localidade.
Damien Rice, gran figura da música irlandesa actual, é de Celbridge, ao igual que a banda Bell X1.
Ligazóns [editar]
- Sitio Oficial (en inglés)