Cegoña negra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cegoña negra
No Parque Nacional Kruger, Suráfrica
No Parque Nacional Kruger, Suráfrica
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Ciconiiformes
Familia: Ciconiidae
Xénero: 'Ciconia'
Especie: ''C. nigra''
Nome binomial
''Ciconia nigra''
(Linnaeus, 1758)
       Visitante de verán        Residente todo o ano        Visitante de inverno(distribución aproximada)

       Visitante de verán
       Residente todo o ano
       Visitante de inverno
(distribución aproximada)

A cegoña negra, Ciconia nigra, é unha especie monotípica, e considérase como o taxón máis primitivo do xénero Ciconia (del Hoyo et al. 1992). Algo menor que a familiar cegoña branca, ten unha altura de 90-100 cm, e unha envergadura que sobrepasa os 160 cm. O peso aproximado é de 3 kg. O adulto presenta unha plumaxe negra pola súa parte dorsal: pescozo, cola e peito, con irisacións “metálicas” verdes e moradas, moi patentes na cabeza, o pescozo, o dorso e as cobertoras alares. As partes inferiores teñen plumas brancas na zona axilar, zona ventral, coxas e infracobertoras caudais, que son extraordinariamente longas.

Nos adultos, a carúncula (o "anel" arredor do ollo), pico e patas, ausentes de plumas, presentan unha cor vermella intensa que produce unha marcada contraste coa cor branca e negra da plumaxe. O iris é marrón.

Non existe dimorfismo acusado entre macho e femia. O macho presenta un tamaño algo maior, e a estrutura do pico nalgúns exemplares pode chegar a ser moi patente, cun pico máis robusto e algo curvo respecto á femia.

Os individuos novos cando abandonan o niño diferéncianse dos adultos porque a carúncula, patas e peteiro non teñen cor vermella, e a plumaxe dorsal, a da cabeza e o pescozo non é negra. A cor da carúncula é marrón ou parda grisácea, a do peteiro e patas varía entre branca grisácea a verde oliva ou amarelo. As plumas da cabeza, pescozo e peito son de cor marrón, coas puntas brancas, o que lle confire un aspecto pencado. O resto da plumaxe do dorso é tamén de tonalidades marróns escuras, o que fai que no campo as aves novas teñan dorsalmente un aspecto marrón achocolatado.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cegoña negra