Cebreiro (queixo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Queixo do Cebreiro é un queixo DO galego producido[1] nos concellos de Baralla, Becerreá, Folgoso do Courel, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais, Triacastela e Pedrafita do Cebreiro.

Elabórase basicamente con leite de vaca ó que se lle pode engadir leite de cabra en cantidades non superiores a un 40%. É un queixo graxo cunha consistencia que depende do grao de maduración. A pasta é graúda e a codia fina.

É de cor branca ou amarela, segundo a maduración. Ten un sabor lixeiramente ácido e picante. A súa forma lembra un gorro de cociñeiro ou a un fungo. Os pelegríns que percorrían o camiño encargáronse desde vello de dalo a coñecer e hai documentación que acredita a súa existencia desde o século XVIII. A produción está limitada a unhas 20-28 toneladas anuais porque as explotacións da zona son poucas e de pequeno tamaño: en 2009 eran 7 os gandeiros rexistrados, con dúas queixerías. Nese ano a produción total foi de 24.206 kg [1].

[editar] Características e tipos

O leite empregado procederá de gando vacún saneado, das razas Rubia galega, Parda Alpina, Frisoa ou dos seus cruzamentos. Tamén se elaboran queixos cunha proporción máxima do 40% do leite de gando caprino.

O leite será enteiro, sen costros nin conservantes. O callo empregado será de orixe animal ou outras enzimas autorizadas.

O queixo do Cebreiro pódese comercializar en dúas modalidades (fresco e curado), cun peso por peza comprendido entre 0,5 e 2 kg-

Forma de fungo ou gorro de cociñeiro, é dicir, composto de dúas partes:

  • Base cilíndrica, de diámetro variable e cunha altura non superior a 12 cm.
  • Sombreiro, que terá entre 1 e 2 cm máis de diámetro que a base e unha altura non superior a 3 cm.

As características da pasta varían en función do grao de maduración, distinguíndose entre os frescos e mailos curados

[editar] Véxase tamén

[editar] Notas

  1. Web da D.O. Queixo do Cebreiro
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas