Cayo Lara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cayo Lara.

Cayo Lara Moya, nado en Argamasilla de Alba (Ciudad Real) en 1952, é un político español, membro do Partido Comunista de España e coordinador xeral de Esquerda Unida.

Índice

[editar] Traxectoria

Agricultor de profesión, foi un dos impulsores do sindicato COAG. Foi alcalde de Argamasilla de Alba entre 1987 e 1999. Dende 2000 é coordinador xeral de IU de Castela-A Mancha. Como tal foi nunha ocasión, en 2007, candidato á presidencia da Xunta de Comunidades, sen obter escano. Destacou na rexión pola súa loita en defensa dunha lei electoral máis democrática e contra a especulación urbanística, en respaldo do alcalde de Seseña fronte ao construtor Francisco Hernando, coñecido como El Pocero.

[editar] Liderado de Esquerda Unida estatal

Na IX Asemblea Federal de Esquerda Unida, en novembro de 2008, foi candidato a coordinador xeral, avalado polo PCE e outros sectores, obtendo un 43 % dos votos dos delegados e sendo elixido membro do Consello Político Federal. Na xuntanza dese órgano celebrada o 14 de decembro de 2008, foi elixido como o sucesor de Gaspar Llamazares á fronte da organización, cun 55 % dos votos.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas