Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Caudal Deportivo de Mieres é un club de fútbol de España, da cidade de Mieres en Asturias. Foi fundado en 1918 e xoga na Terceira División Española, logo de descender na tempada 2010-11.
O fútbol chegou a Mieres co século XX. En 1914 púidose organizar o primeiro equipo estable, o Sporting de Mieres, que aínda non estaba federado e acabou desaparecendo aos 4 anos. Nese mesmo ano, 1918, xurdiu a súa substitución, esta vez con todos os papeis en regra para a competición rexional, o Racing Club de Mieres. Tras a guerra civil o goberno español prohibe os estranxerismos e o club pasa a denominarse Caudal Deportivo de Mieres o 3 de xaneiro de 1941.[1]
En 1946 o club ascende a Terceira División, e en 1951 a Segunda División, descendendo de volta desde Segunda a Terceira en 1958.
Desde a tempada 1968-69 o Caudal Deportivo atópase no Grupo I da Terceira División ata 1975, cando finaliza penúltimo, 19º lugar, con 22 puntos e descende a Rexional. Tan só unha tempada despois na 1975-76 proclámase campión de Rexional Preferente e ascende novamente a Terceira. Na tempada 1976-77 no Grupo I da Terceira División clasifícase 8º con 39 puntos. Con este posto lógrase clasificar para a recentemente creada categoría de Segunda B.
Na tempada 2009-10 o Caudal consegue quedar campión de liga na Terceira División quedando clasificado para a promoción á Segunda División B, e o 23 de maio de 2010 consuma o seu ascenso ao eliminar ao Jumilla CF.[2] A tempada seguinte volta á Terceira División.
- Uniforme titular: Camiseta branca, pantalón negro e medias brancas.
- Uniforme alternativo: Camiseta negra, pantalón negro e medias negras.
O Caudal Deportivo xoga os seus partidos como local no estadio Hermanos Antuña, con capacidade para 7.500 persoas aproximadamente.
[editar] Datos do club
- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 7
- Tempadas en 2ªB: 10
- Tempadas en 3ª: 47 (Incluída a 2011/12)
[editar] Historial na liga
| Tempada |
Categoría |
Posto |
| 1946/47 |
3ª |
8º |
| 1947/48 |
3ª |
5º |
| 1948/49 |
3ª |
9º |
| 1949/50 |
3ª |
1º |
| 1950/51 |
3ª |
2º |
| 1951/52 |
2ª |
8º |
| 1952/53 |
2ª |
10º |
| 1953/54 |
2ª |
12º |
| 1954/55 |
2ª |
13º |
| 1955/56 |
2ª |
4º |
| 1956/57 |
2ª |
11º |
| 1957/58 |
2ª |
15º |
| 1958/59 |
3ª |
2º |
| 1959/60 |
3ª |
1º |
| 1960/61 |
3ª |
6º |
| 1961/62 |
3ª |
3º |
| 1962/63 |
3ª |
1º |
| Tempada |
Categoría |
Posto |
| 1980/81 |
3ª |
3º |
| 1981/82 |
3ª |
12º |
| 1982/83 |
3ª |
8º |
| 1983/84 |
3ª |
1º |
| 1984/85 |
3ª |
8º |
| 1985/86 |
3ª |
2º |
| 1986/87 |
3ª |
1º |
| 1987/88 |
2ªB |
18º |
| 1988/89 |
3ª |
3º |
| 1989/90 |
3ª |
4º |
| 1990/91 |
3ª |
1º |
| 1991/92 |
3ª |
2º |
| 1992/93 |
3ª |
2º |
| 1993/94 |
3ª |
1º |
| 1994/95 |
3ª |
1º |
| 1995/96 |
3ª |
4º |
| Tempada |
Categoría |
Posto |
| 1996/97 |
3ª |
3º |
| 1997/98 |
2ªB |
15º |
| 1998/99 |
2ªB |
16º |
| 1999/00 |
2ªB |
14º |
| 2000/01 |
2ªB |
9º |
| 2001/02 |
2ªB |
19º |
| 2002/03 |
3ª |
1º |
| 2003/04 |
2ªB |
19º |
| 2004/05 |
3ª |
7º |
| 2005/06 |
3ª |
5º |
| 2006/07 |
3ª |
1º |
| 2007/08 |
3ª |
7º |
| 2008/09 |
3ª |
7º |
| 2009/10 |
3ª |
1º |
| 2010/11 |
2ªB |
16º |
| 2011/12 |
3ª |
— |
[editar] Xogadores destacados
[editar] Ligazóns externas