Catedral de San Patricio en Nova York
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Catedral de San Patricio de Nova York é a catedral neogótica e católica máis grande de Norteamérica. Localízase entre a quincuaxésima rúa e a famosa Quinta Avenida, en fronte do edificio do Rockefeller Center. Ademais é a sede da arquidiocese católica romana de Nova York.