Catedral de Salisbury

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista exterior da catedral
Planta da catedral de Salisbury, con forma de dobre cruz latina, cunha lonxitude total de 142 metros e unha anchura máxima de 61,5 metros no maior dos transeptos

A catedral de Salisbury atópase na localidade inglesa de Salisbury, no condado de Wiltshire. A súa construción comezouse ao trasladarse o bispado dende Old Sarum, en 1220, sendo bispo Richard Poore.

Historia e características[editar | editar a fonte]

A construción da catedral comezou polo lado oriental. A capela da nosa Señora, o deambulatorio de forma rectangular e as naves laterais do presbiterio rematáronse en 1225, e en 1258 completáronse a nave, o cruceiro e o coro. A espectacular fachada oeste estivo acabada en 1265. En 1320 terminouse de construír a torre e a agulla. Cunha altura de 123 metros, a agulla da catedral de Salisbury é a máis alta de toda Inglaterra.

Con todo, a agulla que debía dar grandeza á catedral converteuse nun auténtico problema. Xunto coa torre, engadiu 6.500 toneladas ao peso do edificio. Ao longo dos anos fóronse engadindo diferentes medios de suxeición para evitar que a abadía se derrube polo exceso de peso, tal e como ocorreu coa abadía de Malmesmury.

En 1790, o arquitecto James Wyatt realizou algunhas mudanzas significativas, e controvertidos, á catedral. Estes cambios incluían a substitución do coro orixinal e a demolición da torre da campá que se alzaba unha altura de 100 metros na zona noroeste do edificio principal.

Descrición[editar | editar a fonte]

A catedral atópase illada nunha extensión de terreo de céspede, o que favorece a impresión do conxunto. A planta da catedral ten forma de dobre cruz, cunha lonxitude de 142 metros, presenta tres naves cubertas con arcos de crucería, as naves están limitadas polo transepto maior, cunha lonxitude de 61,5 metros, cuberto tamén con arcos de crucería, tras o transepto maior atópase o pequeno coro, o transepto menor, o presbiterio e a cabeceira, que dunha forma plana, habitual na arquitectura gótica inglesa. Destacan tamén as construcións anexas ao templo do claustro e a sala capitular, con forma octogonal e gran bóveda sostida por unha única columna central.

Galería[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Catedral de Salisbury