Catedral de Roda de Isábena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catedral de Roda de Isábena
Vista exterior co pórtico e a torre barrocos e a ábsida románica.
Datos xerais
PaísEspaña España
RexiónAragón Aragón
TipoCatedral
AdvocaciónSan Vicente
LocalizaciónRoda de Isábena
Coordenadas42°17′29″N 0°31′42″L / 42.291488888889, 0.52834166666667Coordenadas: 42°17′29″N 0°31′42″L / 42.291488888889, 0.52834166666667
CatalogaciónMonumento nacional
Culto
CultoIgrexa Católica
DioceseDiocese católica latina de Lleida
Arquitectura
ConstruciónXI-XII
EstiloRománico longobardo
Catedral de Roda de Isábena en Aragón
Catedral de Roda de Isábena
Catedral de Roda de Isábena
editar datos en Wikidata ]

A Catedral de San Vicente mártir de Roda de Isábena é unha catedral románica que foi sede da diocese de Roda-Barbastre entre 887 e 1149, ano no que foi trasladada ó bispado de Lleida. Roda é a localidade española máis pequena cunha sede catedralicia, se ben deixou de ser sede episcopal no ano 1851 e actualmente só é un centro parroquial aberto a culto.

O edificio data dos séculos XI e XII, aínda que foi obxecto de importantes reformas no século XVIII, no cal se construíu o pórtico sur e a torre que destaca nesa fachada. Consérvase o sepulcro de San Ramón de Roda, que foi bispo de Roda-Barbastre, e a furna funeraria de San Valero, bispo de Zaragoza.

Foi declarada Monumento Nacional en 1924.[1] O seu valor histórico e cultural converteuna nun centro de atracción turística.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]