Catedral Metropolitana de Brasilia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catedral Metropolitana de Brasilia

Cabeceira da Catedral de Brasilia.
Tipo Catedral
Arcebispo Don Sérgio da Rocha
Localización Brasilia, Brasil
Culto Igrexa Católica
Diocese Brasilia
Construción 1958 - 1970
Estilo arquitectónico Modernista

A Catedral Metropolitana de Nossa Senhora Aparecida, coñecida simplemente como Catedral de Brasilia, é a principal catedral católica da cidade de Brasilia e sede da Arquidiocese de Brasilia.

Historia[editar | editar a fonte]

Proxectada polo arquitecto Oscar Niemeyer, con cálculo estrutural do enxeñeiro Joaquim Cardoso, foi o primeiro monumento construído en Brasilia.[1] A súa pedra angular foi posta o 12 de setembro de 1958. Tivo a súa estrutura en 1960,[2] onde só se podía apreciar a área circular de setenta metros de diámetro, da que se elevan dezaseis columnas de formigón (soportes de sección parabólica) nun formato hiperboloide, que pesan noventa toneladas. O enxeñeiro Joaquim Cardozo foi o responsábel do cálculo estrutural que permitiu a construción da catedral.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]