Catedral de Palermo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 38°06′52″N 13°21′22″L / 38.114444, 13.356111

Palermo árabe-normando e as igrexas da catedral de Cefalú e Monreale
Palermo en Italia
Palermo
Palermo
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísItalia Italia
TipoCultural
CriteriosII, IV
Inscrición2015 (39ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador1487

A catedral de Palermo sitúase na cidade homónima en Sicilia (Italia). De forte estilo oriental debido principalmente ao seu patio interior cheo de palmeiras.

Primeiramente foi unha basílica bizantina, sobre a que, en 1185, o arcebispo de Palermo mandou levantar un templo de planta basílica con tres ábsidas. O bispo quería competir coa beleza e poder da catedral de Monreale. A catedral foise reformando ao longo do tempo, con espléndidas melloras, como o pórtico de tres arcos, de influencia aragonesa.

Ten planta de cruz latina, con tres naves divididas por columnas. No interior hai múltiples capelas, entre as que destacan a do Sacramento, por estar decorada con pedras preciosas e lapislázuli e a de Santa Rosalía, onde se atopa a talla da patroa de Palermo.

En xullo de 2015, o conxunto «Palermo árabe-normando e as catedrais de Cefalú e Monreale» foi incluído na lista do patrimonio da Humanidade pola Unesco[1]. A catedral de Palermo é un dos nove bens individuais que comprende a declaración (co IDE 1487-005)[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "24 nuevos sitios inscritos en la Lista del Patrimonio Mundial de la UNESCO en 2015". Unesco. 
  2. Véxase na entrada «Arab-Norman Palermo and the Cathedral Churches of Cefalú and Monreale» do sitio oficial do «UNESCO World Heritage Centre», dispoñible en liña en: [1]. Consultado o 2 de agosto de 2016.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]