Catarina II de Rusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSofía Augusta Federica de Anhalt-Zerbst
Biografía
Nacemento(de) Sophie Friederike Auguste von Anhalt-Zerbst Editar o valor em Wikidata
2 de maio de 1729 Editar o valor em Wikidata
Stettin
Morte6 de novembro de 1796 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Tsarskoe Selo
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Ictus Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCatedral de San Pedro e San Paulo de San Petersburgo Editar o valor em Wikidata
Cargos
Tsarina de Rusia
Período1682 - 1796
AntecesorPedro III
SucesorPaulo I
Datos persoais
ResidenciaSzczecin
San Petersburgo Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeImperio Ruso (1745–)
Reino de Prusia (1729–1745) Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa ortodoxa rusa Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Rusia (1762–1796) Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica , coleccionista de arte , monarca , aristócrata Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua rusa, lingua alemá e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeImperio Ruso Editar o valor em Wikidata
Rama militarGuarda Imperial Russa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militarCoronel Editar o valor em Wikidata
Comandante de (OBSOLETO)Regimento Preobrazhensky (pt) Traducir, Semenovsky Regiment (en) Traducir, Izmaylovsky Regiment (en) Traducir e Life Guard Horse Regiment (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloEmperador de todas as Rusias (1762–1796)
Emperatriz consorte (1762–1762)
Gran Duquesa (1745–1762)
German Prince (en) Traducir (1729–1745) Editar o valor em Wikidata
FamiliaQ124079217 Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxePedro III de Rusia (1745–1762), morte do cónxuxe Editar o valor em Wikidata
ParellaEstanislau II da Polónia (pt) Traducir
Alexandre Vassilchikov (pt) Traducir
Gregório Orlov (pt) Traducir
Grigori Alexandrovich Potemkin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosPaulo I de Rusia
 () Pedro III de Rusia
Anna Petrovna (pt) Traducir
 () Pedro III de Rusia
Alexey Bobrinsky (pt) Traducir
 () Gregório Orlov (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisCristiano Augusto de Anhalt-Zerbst (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Joana Isabel de Holstein-Gottorp (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsFrederico Augusto de Anhalt-Zerbst (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Von_Anhalt-Zerbst-Dornburg-1 Find a Grave: 1505 Editar o valor em Wikidata

Catarina II (ruso: Екатерина Алексеевна, Iekaterina Alekseievna), chamada a Grande, nada co nome de Sofía Augusta Federica de Anhalt-Zerbst o 21 de abril de 1729 en Stettin (Prusia), e finada o 6 de novembro 1796 en Tsarskoe Selo (preto de San Petersburgo), foi emperatriz de Rusia de 1762 a 1796. Era curmá de Gustavo III de Suecia e de Carlos III de Suecia.

Durante seu goberno realizou unha ampla reforma na sociedade rusa, modernizándoa. É considerada un exemplo de monarca do despotismo ilustrado. Grazas a esta modernización Rusia logrou obter un gran desenvolvemento e a emperatriz, aínda que sendo de orixe estranxeira, foi moi popular.

De princesa alemá a emperatriz rusa[editar | editar a fonte]

Princesa alemá, Sofía naceu na cidade de Estetino (hoxe Szczecin, en Polonia), filla do duque Cristiano Augusto de Anhalt-Zerbst e de Xoana Isabel Holstein-Gottorp. Varias descricións retratan a Sofía como unha nena curiosa e impertinente. En febreiro de 1744, con quince anos, foi vivir a Rusia, escollida pola emperatriz - a tsarina Isabel Petrovna - como esposa do seu sobriño e herdeiro, o grande duque Pedro Fedorovitch. Sofía alterou o seu nome para Catarina cando foi admitida na Igrexa Ortodoxa Rusa. A voda tivo lugar o 21 de agosto de 1745 en San Petersburgo. Catarina esforzouse por aprender a lingua rusa e a historia do seu novo país. O seu casamento revelouse un fracaso, debido á indiferenza e esterilidade de Pedro, incapaz de xerar o desexado herdeiro. Catarina ocupa parte considerábel do seu tempo a ler obras de filosofía e historia, tendo adquirido unha grande cultura. En 1754, dá a luz un neno, o futuro Paulo I, froito da relación que mantivo con Sergius Saltykov, un militar do exército; Pedro aceptou o neno como o seu fillo lexítimo.

En xaneiro de 1762, a tsarina Isabel Petrovna morre, e Pedro Fedorovitch subiu ao trono co nome de Pedro III. As súas políticas de aproximación a Prusia de Frederico II, a introdución no exército das violentas técnicas de adestramento militar prusianas e a súa esixencia de que os bens da Igrexa foran administrados por funcionarios leigos provocaron un descontento xeral. Ao mesmo tempo, Catarina temía que Pedro a repudiase para casar coa súa amante, Isabel Vorontsova. En xuño do mesmo ano, Grigori Orlov, o novo amante de Catarina e membro da garda imperial, liderou un levantamento que afastou a Pedro. O golpe, pacífico e apoiado por amplos sectores da sociedade, conduciu Catarina ao poder; Pedro acabaría por abdicar, tendo sido asasinado pouco tempo despois por Orlov. Catarina foi coroada emperatriz da Rusia o 22 de setembro de 1762 na Catedral do Kremlin de Moscova. Sería o principio dun glorioso e autocrático reinado de trinta e cinco anos.

Autócrata convencida, mostrouse, entre tanto, protectora dos “filósofos” e dos artistas franceses. Mantivo correspondencia con Voltaire. Sufocou a revolta dos cosacos (1774), reformou a administración (1775) e encoraxou a valorización das rexións de Ucraína e do Volga. En 1783 ordenou a fundación da academia rusa. No seu reinado, o territorio de Rusia creceu a expensas de Turquía (1787) e de Polonia (1793 e 1795). Durante o seu reinado enfrontouse ao Imperio Otomán, derrotándoo en varias ocasións.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]