Cataratas de Kegon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 36°44′16″N 139°30′07″L / 36.737888888889, 139.502

Cataratas de Kegon e Lago Chuzenji.

As cataratas de Kegon (華厳滝 Kegon Taki?) localízanse no Lago Chuzenji (fonte do río Oshiri) no Parque Nacional de Nikko, preto da cidade de Nikkō, Prefectura de Tochigi, Xapón. As cataratas foron formadas cando o Río Daiya cambiou o seu curso polo fluxo de lava. Preto de doce fervenzas menores sitúanse detrás e dos lados das cataratas de Kegon, filtrándose a través de moitas fendas entre a montaña e fluxo de lava.

Con 97 m de altura, son unha das tres maiores fervenzas do Xapón. No outono, o tráfico na estrada de Nikko para Chuzenji pode ás veces aumentar cos visitantes que acoden a ver as cores do outono.

En 1927, as cataratas de Kegon foron recoñecidas como unha das "Oito Vistas" que mellor mostraban o Xapón e a súa cultura no período Showa.[1]

As cataratas de Kegon son famosas polos suicidios, especialmente entre os mozos xaponeses.[2]

Suicidios[editar | editar a fonte]

Poema de morte de Misao Fujimura.

Misao Fujimura (1886 – 22 de maio de 1903), un estudante xaponés de filosofía e poeta, é moi recordado polo seu poema de despedida escrito directamente sobre o tronco dunha árbore antes de cometer suicidio pulando polas cataratas de Kegon.

A historia pronto foi explotada de xeito sensacionalista en xornais da época e foi comentada polo famoso escritor Natsume Soseki, profesor no instituto de Fujimura, na súa novela Kusamakura (1906).[3][4] Isto levou a famosa fervenza a converterse nun lugar notorio onde mozos desesperados acaban coas súas propias vidas (Efecto Werther).[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 日本八景(昭和2年)の選定内容. Ministerio de Medio Ambiente do Xapón. Consultado o 3 de marzo de 2012. (en xaponés)
  2. "Lake Chūzenji". Encyclopædia Britannica. 2011. Consultado o 13 de outubro de 2011.  (en inglés)
  3. Asakura (2005): 45.
  4. Sōseki (2021)
  5. Iga, Mamoru (1978). "Suicide in Japan". Social Science & Medicine. Part A: Medical Psychology & Medical Sociology 12 (4): 513. PMID 734468. doi:10.1016/0271-7123(78)90118-9.  p. 519 (en inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]