Catarina de Cambridge
| Catalina de Cambridge | |
|---|---|
| Duquesa de Cambridge | |
| Nome completo | Catherine Elizabeth Middleton |
| Outros títulos | |
|
|
| Nacemento | 9 de xaneiro de 1982 Reading, Berkshire, Inglaterra |
| Cónxuxe/s | Príncipe Guillerme, duque de Cambridge |
| Casa Real | Casa de Windsor |
| Pai | Michael Francis Middleton |
| Nai | Carole Elizabeth Goldsmith |
|
|
|
Catarina, duquesa de Cambridge, nada como Catherine Elizabeth Middleton, en Reading, Berkshire, o 9 de xaneiro de 1982, é a esposa do príncipe Guillerme, duque de Cambridge. Antes do seu matrimonio, era coñecida popularmente como Kate Middleton.
Desde o inicio da súa relación co príncipe a prensa seguiu con atención a súa vida privada e en moitas ocasións especulouse sobre unha eventual voda. O 16 de novembro de 2010, emitiuse un comunicado desde Clarence House, no que se anunciou o compromiso entre Middleton e o príncipe Guillerme. A voda real celebrouse o día 29 de abril de 2011 na Abadía de Westminster, e na que se converteu na duquesa de Cambridge.[1][2]
A duquesa Catarina creceu no condado de Berkshire. Asistiu a Marlborough College e posteriormente ingresou na Universidade de Saint Andrews. Alí coñeceu ao príncipe Guillermo no ano 2001, quen tamén se atopaba estudando na mesma universidade. Empezaron a saír xuntos en 2003 e, aínda que tiveron unha breve ruptura en 2007, retomaron a súa relación.
O 3 de decembro de 2012 anunciouse publicamente que a Duquesa de Cambridge está embarazada, esperando o seu primeiro fillo.[3]
Notas [editar]
- ↑ "A voda do ano será o 29 de abril". 23 de novembro de 2010. http://www.elmundo.es/elmundo/2010/11/23/gentes/1290514079.html. Consultado o 23 de novembro.
- ↑ "A Raíña outorga ao príncipe Guillerme o título de duque de Cambridge". 29 de abril de 2011. http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=798375. Consultado o 29 de abril.
- ↑ Kate Middleton, embarazada do seu primeiro fillo.