Catálogo de selos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catálogo Scott de 1868

Un catálogo de selos é un catálogo que compila emisións de selos postais. Aínda que basicamente é unha lista ordenada e numerada de descricións e prezos de selos, na práctica un catálogo é un elemento esencial do coleccionismo de selos.

Xeralmente séguese a cronoloxía das emisións, numerándose correlativamente os selos de cada serie segundo a orde crecente do seu valor facial.

O catálogo sérvelle ó coleccionista para controlar os selos que lle falta, a orientación dos prezos, o número de referencia para comprar, vender e intercambiar. Pero non hai que esquecer que o prezo de catálogo é orientativo, o prezo real pode variar e de feito xeralmente varía grandemente xa que o valor indicado polos catálogos fan referencia a selos en bo estado que se corresponde co prezo de venda polo miúdo dos comerciantes, do que se deduce que o prezo de compra é menor

Historia[editar | editar a fonte]

Orixinalmente os catálogos eran listas de prezos de comerciantes ós que co paso do tempo se lles foi engadindo informacións sobre as emisións. Aínda hoxe os catálogos seguen a ser publicados por comerciantes filatélicos ou firmas agrupadas ou asociacións deles.

O primeiro catálogo de selos apareceu en Francia o 21 de decembro de 1861 editado por Alfred Potiquet, o que seguiu un par de meses despois o catálogo de Jean Baptiste Moëns en Bruxelas. Nese ano de 1862 apareceu tamén o primeiro catálogo con emisións de todo o mundo publicado por Berger Lebrault. O primeiro catálogo de selos españois que se publicou en España data de 1870 publicado por Esteban Argilés en Zaragoza. O primeiro catálogo portugués é de 1894 publicado por Faustino António Martins.

Catálogos[editar | editar a fonte]

Existen diferentes tipos de catálogos:

Os catálogos temáticos máis coñecidos son os de Domfil con catálogos temáticos que van dende os automóbiles ata o xadrez