Castromil (autocares)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castromil
Tipoempresa de transporte
Data de fundación1917
Fundador(es)Evaristo Castromil
Organización matrizMonbus
SedeSantiago de Compostela
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Castromil foi unha empresa galega de transporte de viaxeiros por estrada con sede en Santiago de Compostela fundada en 1917 por Evaristo Castromil.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1910, Evaristo Castromil entrou no negocio da automoción como representante dunha empresa norteamericana de coches.

En 1917 funda o que máis tarde sería Castromil, con sede en Santiago. Iniciou o negocio de viaxeiros e mercadorias con seis autocares Saurer, mercados en Alemaña.[1] A cidade xa tiña liña de ferrocarril con Vigo, Pontevedra e Portugal pero non coas vilas do interior nin coa Coruña.

Cartel de Camilo Díaz Baliño.

Nos comezos do trasporte por estrada había varias empresas facendo as mesmas rutas e competindo entre elas. En 1924 promulgouse a Real orde do 4 de xullo, pola que se regularon os servizos de viaxeiros e mensaxería. Só se permitía unha empresa por concesión. Castromil fíxose coas concesións das rutas que xa facía. En 1928 tiña en exclusividade A Coruña, Santiago, Caldas de Reis, Pontevedra e Vigo.[2] Algúns destes autobuses podían levar carga sobre o teito e mesmo algúns tiñan asentos de madeira para viaxeiros, tamén no inverno. Había billetes de primeira, segunda e terceira. A empresa completaba a oferta de transporte de viaxeiros co transporte de mensaxería e o viaxeiro pagaba un suplemento polos vultos que levase. A empresa foi medrando pero tamén a competencia doutras. O negocio do transporte en Galiza estaba moi dividido en empresas pequenas moi localizadas xeograficamente.

En 1969 morreu Evaristo Castromil. O seu fillo Ramón Castromil Casal seguiu coa empresa; o neto fíxose cargo da presidencia.

Nos anos 90 xa só quedaban grandes grupos como IASA ou Monbus. Castromil potenciou a súa imaxe de marca con autobuses modernos (Scania) ben rotulados e poñéndolles nomes de galegos ilustres como Rosalía de Castro, Castelao ou Luís Seoane. A empresa contou cunha páxina web en Internet e ofrecía alugar os seus autobuses.

Monbus mercou Castromil en 2002, cando a empresa tiña case 200 autobuses. Durante un tempo mantívose a marca nas estradas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]