Castro de Lavacerido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°36′06″N 8°11′57″O / 43.60171, -8.1992

Castro de Lavacerido
ParroquiaMeirás
ConcelloValdoviño
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGaliza
PaísGaliza
Id. catálogoGA15087001
Cronoloxía
Períodos de escavaciónnon escavado
Estado actualabandono
Extensión estimada1,7 ha.
Véxase tamén
Castros de Galiza
Castros de Galiza

Castro de Lavacerido ou Castro de Punta Taraza, é un poboado castrexo costeiro fortificado situado nunha península na parroquia de Meirás, no concello de Valdoviño.[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

Hai dúas liñas defensivas concéntricas. A interior mide máis de 160 metros e vai de leste a sur. A liña defensiva exterior está incompleta, é máis ancha e ten un acceso ao castro na zona sur.

A zona presenta numerosas galerías e canteiras de mina. Son de principios do século XX para a extracción de mineral de arsénico. Dentro do castro pódense ver varias estruturas de datación descoñecida.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Catálogo plan básico autonómico Castro de Punta Taraza Xunta de Galicia" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de marzo de 2018. Consultado o 18 de marzo de 2018. 

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]