Castro de Erboedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castro de Erboedo
ParroquiaLestón
ConcelloA Laracha
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Cronoloxía
Véxase tamén
Castros de Galicia

O castro de Erboedo, tamén chamado Os Castros ou As Croas, é un castro situado na parroquia de Lestón, no concello coruñés da Laracha.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

Consta dun recinto fortificado que consta dunha plataforma principal duns 65 metros de diámetro máximo. Conserva restos dun parapeto de defensa de ata 2,50 metros de altura exterior. Polo lado norte, e tras o parapeto principal, hai dous parapetos máis e dous foxos intercalados. Polo lado sur hai un aterrazamento. A entrada ó recinto principal está situada na parte do suroeste.

Arqueoloxía[editar | editar a fonte]

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]