Castro de Castromao (Celanova)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castro de Castromao (Celanova)
Castromao.jpeg


Concello: Celanova

Provincia:

Provincia de Ourense

Comunidade Autónoma:

Galicia

Cronoloxía
Datas de ocupación: (século VI a.C. - século III d.C.)
Data da descuberta: 1875
Períodos de escavación: 1963
Estado actual: escavado, visita libre
Extensión estimada: ha.
Véxase tamén: Castros de Galicia

O castro de Castromao é un castro situado no actual concello de Celanova, no sueste da provincia de Ourense. Suponse que foi habitado polo pobo dos coelernos.

Índice

[editar] Localización e morfoloxía

Está situado nun outeiro de 732 metros de altura, desde o que se domina o curso do río Arnoia e os castros de Novelle, Trelle, Merca e Berredo. Ten unhas dimensións de 150 metros no eixo norte-sur e 130 no leste-oeste. O interior da parte amurallada ocupa uns 20.000 m². O terreo presenta un forte desnivel, salvo na súa parte noroeste, onde é bastante menos pronunciado. Polas súas inmediacións discorría unha calzada secundaria da Vía XVIII do itinerario de Antonino, relacionada coa ponte do Freixo.

Foi habitado durante a época castrexa, remontando ó século VI a.C. e mantívose poboado ata o século III. Desta época data o nome de Castromao (castro malo) polo lugar de Vilanova (que máis tarde foi bautizada como Vilanova dos Infantes por ter sido lugar de residencia temporal dunha infanta), debido, segundo fontes medievais, ó seu mal emprazamento para o aproveitamento agrícola.

[editar] Achados arqueolóxicos

A primeira referencia moderna sobre o castro é de Ramón Barros Silvelo, no seu libro Antigüedades de Galicia (1875) e refírese a el como Castra Mamuaria. En 1928, Florentino López Cuevillas e J. Lorenzo recólleno no seu Catálogo dos Castros Galegos. Desde 1963 iniciáronse varias campañas de escavacións que deixan ó descuberto os restos de construcións que se poden visitar.

Apareceron cerámicas de todo tipo, desde fragmentos datables entre os séculos VII e V a.C. ata tégulas e sigillatas, que nos falan dunha forte romanización. Suponse que a tribo non se opuxo á ocupación romana e mesmo colaborou con eles. Atopáronse tamén restos dun forno para cocer cerámica, así como un tesouriño do século I atopado nunha vasilla de barro. A peza máis singular de Castromao é a figura zoomorfa dun simio encollido e sentado cos pés cara adiante e as mans na cara; por debaixo dos pés, que parecen agarrar algo, hai un apéndice para encaixar a escultura nunha base. Outra peza destacable é un tríscele calado que puido servir como fiestra.

[editar] Galería de imaxes

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos


Arquitectura prehistórica de Galicia
Cronoloxía Neolítico | Idade da Pedra | Idade do Cobre | Idade do Ferro
Megálitos
Tipos mámoa, medorra ou túmulo | dolmen ou anta | menhir ou pedrafita | cista
Elementos ortóstato | cono de violación
En Galicia cultura | imaxes
Petróglifos
En Galicia GGAR | Petróglifos de Campo Lameiro | Petróglifos de Mogor | Castriño de Conxo | Laxe das Rodas | O Chan da Ferradura | Outros petróglifos
Castros
En Galicia cultura castrexa | cerámica castrexa
Castro de Armeá | Castro de Baroña | Castro de Borneiro | Castro de Castromao | Castro de Elviña | Castro de Fazouro | Castro de Punta dos Prados | Castro de San Cibrao de Las | Castro de San Millao | Castro de Santa María de Cervantes | Castro de Santa Trega | Castro de Troña | Castro de Viladonga | Castro de Zoñán | Outros castros
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas