Castro de Castrelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°11′40″N 9°00′18″O / 43.194501, -9.005016

Castro de Castrelo
ParroquiaSoesto
ConcelloLaxe
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA15040009
Cronoloxía
Datas de ocupaciónEntre a Segunda Idade de Ferro e o cambio de era (imprecisa)
Data da descuberta2009
Períodos de escavación2009
Estado actualEscavado parcialmente
Extensión estimada? ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

O Castro de Castrelo é un castro galaico, datado aproximadamente entre a Segunda Idade de Ferro e o cambio de era, pertencente á denominada cultura castrexa.

Situación[editar | editar a fonte]

O castro está situado no lugar de Castrelo, na parroquia de Soesto, no concello coruñés de Laxe, moi cerca da estrada AC-433, que une Laxe coa Ponte do Porto.

Descrición[editar | editar a fonte]

A escavación, realizada entre varias casas da aldea, amosa un gran muro dun ancho superior aos tres metros, cunha grande entrada de carácter monumental, similares á do próximo Castro de Borneiro ou ao de Elviña, con grandes laxes que cobren o seu chan. A muralla posúe un característico escalonado común a outras escavacións da Idade de Ferro en Galiza. Ao carón da entrada monumental, á súa esquerda, advírtese unha segunda porta que está tapiada, algo que se repite uns metros máis ao norte, onde atopamos outra porta tapiada.[1]

Na zona interior do castro aprécianse os posibles inicios dun corpo de garda, un achado pouco habitual nas escavacións de castros galegos. O castro presenta unha interesante configuración de plataformas e parapetos, agochados baixo un piñeiral.[1]

Escavacións[editar | editar a fonte]

Aínda que o castro xa estaba catalogado por Patrimonio, non foi ata o inicio das obras de ampliación da estrada AC-433, en 2009, cando o poboado saíu á luz. As escavacións do Castrelo iniciáronse a raíz da resolución da Delegación Provincial da Consellería de Cultura na Coruña do 28 de abril de 2009, na que se expuña que o trazado das obras proxectadas para a mellora da estrada afectaba á área de cautela do xacemento arqueolóxico. A lexislación galega implicaba a realización dunha serie de intervencións arqueolóxicas previas para avaliar as implicacións do proxecto sobre o patrimonio histórico da zona, se ben as primeiras escavacións comezaron en febreiro dese mesmo ano.[2][3] As escavacións comezaron no verán dese mesmo ano, centrándose na parte do xacemento máis próxima ao trazado inicial da vía.[4]

O descubrimento do castro fixo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas planificar a modificación do trazado da estrada.[4]

As investigacións desenvolvéronse en tres fases sucesivas:

  1. Prospección: Os traballos sacaron á luz a muralla exterior do recinto, que resultou ser máis amplo do que se pensaba nun principio, segundo explicou o arqueólogo Juan Cano. Porén, os estudos non foron máis aló e a pequena área escavada só puxo de manifesto que o asentamento estaba rodeado dunha dobre muralla e que a porta de entrada foi modificada en tres ocasións, así como a datación estimada en 2.200 anos.[4]
Porén os traballos non superaron a entrada, polo que se descoñece se a croa é un espazo baleiro ou se polo contrario conta con restos de construcións. As escavacións non permitiron desvelar a importancia real que poida ter o xacemento, xa que case non se produciron achados, posiblemente a causa de terse escavado nunha zona exterior do castro.
  1. Sondaxes arqueolóxicas:
  2. Escavación en área:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.


Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.