Castro de Amboade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°31′50″N 7°41′38″O / 42.530564, -7.693911

Castro de Amboade
ParroquiaVilar de Ortelle
ConcelloPantón
ProvinciaLugo
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA27041020
Cronoloxía
Extensión estimada1,2 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

O castro de Amboade é un castro galaico pertencente á cultura castrexa, situado na parroquia de Vilar de Ortelle no concello de Pantón.

Toponimia[editar | editar a fonte]

No século VIII aparece citado como Evolati, a finais do século XI Deuvoari, no século XIII Emboade e xa dende o século XV Amboade.


Descrición[editar | editar a fonte]

Está no declive do monte que, cara ao oeste, termina no lugar de Amboade, nas vertientes do río Miño. É redondo, cun diámetro de cento vinte metros da praza central. A súa altura dende o foso, é de oito a doce metros, segundo a profundidade do foso.

Ten un gran foso, en moita extensión, aberto na pena, de seis metros de ancho, de leste a oeste, un contrafoso, doutros seis metros de ancho, que, nos seus extremos, liga co foso; a súa altura, é de dez metros.

Facendo roturacións para edificar unha casa no mesmo foso do castro, foi atopado un amuleto de metal, de forma case triangular, figurando dous animais que sostiñan unha especia de escudo.

Notas[editar | editar a fonte]