Castro, Castro, Carballedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castro

Carne ao caldeiro nun día de feira
ParroquiaCastro
ConcelloCarballedo
Coordenadas42°31′54″N 7°47′05″O / 42.531694, -7.784812Coordenadas: 42°31′54″N 7°47′05″O / 42.531694, -7.784812
Poboación136 hab. (2019)
editar datos en Wikidata ]

Castro é un lugar da parroquia de Castro, no concello lugués de Carballedo, na comarca de Chantada.

Segundo o INE en 2016 o lugar contaba con 151 habitantes, 80 mulleres e 71 homes.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O topónimo deriva do latín castrum, fortaleza.[1]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A Igrexa parroquial de San Cristovo de Castro, situada en Castro, data da segunda metade do século XIX.[2].

As feiras en Castro celébranse o 17 e o 29 de todos os meses. En 2017 a xente achégase a comer o polbo e a carne, antes facíase unha boa feira de gando. Ao estar o xulgado do concello en Castro durante boa parte do século XX a xente aproveitaba o día da feira para inscribir os nenos e nenas que acababan de nacer; esa é a razón de que en Carballedo haxa moita xente que naceu oficialmente os 15/16 e 27/28 de cada mes.

Dise que Castro é o mellor lugar para comer a carne ó caldeiro[3], que se serve os días de feira en varios establecementos. Cada 3º domingo de abril celébrase na localidade a Festa da carne ó caldeiro [4].

En Castro naceu en 1969 Pablo Carpintero Arias[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Toponimia do Concello de Carballedo". ogalego.eu. Consultado o 09/10/2017. 
  2. "Patrimonio relixioso". Concello de Carballedo. Consultado o 09/10/2017. 
  3. "Carne ó caldeiro". recetasderechupete.com. Consultado o 09/10/2017. 
  4. "Gastronomía". Concello de Carballedo. Consultado o 09/10/2017. 
  5. "Instrumentos". Consello da Cultura Galega. Consultado o 09/10/2017. 

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Castro[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Castro no concello de Carballedo (Lugo)

O Bañal | O Bosque | A Canteira | Castrelo | Castro | A Eirexe | Nande | Pepes | Portugalete | Puvieiros | Santa Baia | A Tapada

Parroquias de Carballedo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Carballedo

Aguada (Santa Baia) | Buciños (San Miguel) | Carballedo (Santa María) | Cartelos (Santo Estevo) | Castro (San Cristovo) | Chouzán (Santo Estevo) | A Cova (San Xoán) | Erbedeiro (San Pedro) | Furco (San Gregorio) | Lobelle (San Cristovo) | Lousada (Santiago) | Marzás (Santa María) | Milleirós (San Xoán) | Oleiros (San Miguel) | Pradeda (Santiago) | San Mamede de Lousada (San Mamede) | San Romao de Campos (San Romao) | San Salvador de Búbal (San Salvador) | Santa Baia de Búbal (Santa Baia) | Santa Cristina de Asma (Santa Cristina) | Santa Mariña do Castro (Santa Mariña) | Temes (Santa María) | Veascós (Santa Mariña) | Vilaquinte (Santa María)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]