Castilla Unida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castilla Unida
Tipopartido político español
IdeoloxíaNacionalismo castelán
Data de fundación18 de outubro de 2010
SedeBurgos
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Castilla Unida (CUn) (Castela Unida en galego) é un partido rexionalista castelanista rexistrado o 18 de outubro de 2010[1] con sede na cidade de Burgos. O seu presidente e fundador é Luis Vivar Nebreda, profesor da Universidade de Valladolid e antigo cofundador do desaparecido Partido Nacionalista de Castela e León (PANCAL).[2] O ideario de Castela Unida, que segue a liña doutras formacións afíns como La Unión en Cantabria ou Unidad Castellana, define ao partido como social, liberal, humanista, laico, profundamente democrático e popular, progresista, hispanista e europeísta. O seu ámbito de actuación esténdese ás comunidades autónomas de Cantabria, A Rioxa, Castela e León, Madrid e Castela-A Mancha.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Rexistro de partidos". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2017. Consultado o 16 de marzo de 2016. 
  2. El partido Castilla Unida nace con el objetivo de cambiar el modelo regional