Castiñeiro dos cen cabalos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castagno dei Cento Cavalli.

O castiñeiro dos cen cabalos (en italiano castagno dei cento cavalli), é unha árbore da especie Castanea sativa (castiñeiro europeo) situado na localidade siciliana de Sant'Alfio, ao que se lle supón unha idade próxima aos 4 milenios.

A árbore atópase no bosque de Carpineto, na saia occidental do Etna. Diversos estudos botánicos danlle unha antigüidade superior aos 4.000 anos, sendo así a árbore máis antiga de Europa e a máis grande de Italia.[Cómpre referencia]

A primeira referencia histórica data de 1636, cando é citado na obra Il Mongibello de Pietro Carrera.

Conta unha lenda que durante unha partida de caza, unha raíña e o seu séquito foron sorprendidos por unha tormenta, refuxiándose baixo a protección do castiñeiro durante toda a noite.