Castelo do Castrodouro
| Castelo do Castrodouro | |
|---|---|
| Concello: | Alfoz |
| Provincia: | Lugo |
| Comunidade Autónoma: | Galicia |
| Estilo arquitectónico | |
| Estilo orixinario: | ?
(?) |
| Estilo actual: | ?
(Restaurado) |
| Estado actual: | Restaurado |
| Véxase tamén: Castelos de Galicia | |
O Castelo do Castrodouro atópase na parroquia do Castro, no Concello de Alfoz e debe a súa fama á súa relación co mariscal Pardo de Cela.
Índice |
[editar] Historia
Edificado sobre un antigo e importante castro romano, pertenceu ao longo da Idade Media á Mitra mindoniense, despois de preitearen os veciños de Alfoz pola súa propiedade, e de ser precisa e decisiva a intervención dos Reis.
Cando a finais do século XV degolan a Pardo de Cela, era mariscal o seu dono por mor, probablemente, de formar parte do dote da súa voda. Cando en decembro do 1483 Pero Pardo de Cela foi axustizado, volve ao poder da Mitra mindoniense, a cal, rexida polo bispo Diego de Soto, entre os anos 1546 e 1549, fai reformas. O Padre Flórez expresa que:
Por estas palabras podemos presupor que esta fortaleza non foi derrubada polos Reis Católicos –na súa política de afogar economicamente a familia dos Pardo de Cela- xa que simplemente precisou unha reforma; se fose derruída no 1483, aproveitarían para refacela e deixala en perfectas condicións.
[editar] Actividades
No verán do ano 2006 celebráronse no castelo de Castrodouro unhas xornadas sobre Pardo de Cela.
Castrodouro, a casa de Fonsa Yáñez, e a Frouseira son lugares mitificados -tal e como di o profesor da Universidade de Santiago Carlos Barros- pola historiografía galeguista que simboliza en Pardo de Cela unha inexistente Galicia tardomedieval independentista
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
|
|||||