Castelo de Fürstenried

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O castelo en 2006.

O Castelo de Fürstenried é unha construción barroca da Casa real de Baviera construída ao longo do século XVIII como residencia de verán. O castelo está localizado no suroeste da capital bávara, Múnic, e foi construído por orde de Maximiliano II de Baviera baixo a supervisión do arquitecto Joseph Effner durante o bienio de 1715 a 1717. O palacio é un magnífico exemplo da arquitectura barroca alemá do século XVIII. Desde o ano 1875 foi a residencia do rei Otto I de Baviera, irmán de Luís II de Baviera. O palacio converteuse nun sanatorio particular do rei bávaro afectado de graves desordes mentais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castelo de Fürstenried

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]