Castelo de Dunnottar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo do Dunnottar
monumento planificado

Castelo de Dunnottar
Coordenadas56°56′44″N 2°11′48″O / 56.94569, -2.19677Coordenadas: 56°56′44″N 2°11′48″O / 56.94569, -2.19677
Estilo arquitectónico
editar datos en Wikidata ]
O castelo en 1900

O Castelo do Dunnottar localízase a tres quilómetros ao sur de Stonehaven, na costa nordeste da Escocia.

Erguido en posición dominante sobre o mar, no cume dun cantil, a súa actual estrutura remonta ao século XIII. Sábese, entre tanto, que existiu un castelo mais antigo, no mesmo lugar, construído por tribos da Caledonia, por volta do ano 84.

O Castelo de Dunnottar desempeñou un papel importante na historia da Escocia, na Idade Media, debido á súa localización estratéxica, permitindo unha vixilancia coidada da circulación de navíos naquel litoral, así como dos movementos terrestres.

Actualmente está en ruínas, e é propiedade privada. Encóntrase aberto ao público, sendo visitado por centenas de turistas todos os anos, sendo aínda apreciada a observación de gaivotas e outras aves, que o habitan en copioso número, facendo desta zona costeira da Escocia un santuario do norte da Europa, en termos de poboacións e diversidade de especies naturais.

Características[editar | editar a fonte]

As ruínas están dispersas por unha área de cerca de tres acres, cercada por cantís escarpados, que se lanzan sobre o Mar do Norte, cincuenta metros abaixo.

O acceso ao castelo faise por un camiño estreito, que o une a terra e por unha escadaria de grande declive, que conduce a un portón macizo.