Castelo de Sarracín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo de Sarracín
ben de interese cultural, elemento da Lista Vermella do Patrimonio e parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
ConcelloVeiga de Valcarce
ProvinciaLeón
Comunidade
autónoma
Castela e León
Coordenadas42°39′42″N 6°57′13″O / 42.661657, -6.953659Coordenadas: 42°39′42″N 6°57′13″O / 42.661657, -6.953659
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalrománico (século X-XIV)
Estilo actualRuínas en restauración
editar datos en Wikidata ]

O castelo de Sarracín ("Castrum Sarracenicum") é unha fortaleza situada sobre un picacho na faldra do monte da Vilela (Villaus), no concello da Veiga de Valcarce (provincia de León). Foi declarada Ben de Interese Cultural o 22 de abril de 1949.

Historia[editar | editar a fonte]

Existen varias teorías sobre a construción do castelo. Probablemente fose construído durante o Reinado de Ordoño I, polo seu fillo, o Conde Gatón, dándolle o nome do seu fillo Sarracino Gatónez, Señor de Sarracín, Conde do Bierzo e de Astorga,[1] cara ao ano 850. Outra teoría é que fose edificado polo propio Sarracino, o que situaría a súa edificación no intervalo 852-885.

O castelo inicial, ao parecer, foi arrasado polo gobernador do Califato Omeia, Musa no ano 714. A súa reconstrución debeuse de iniciar a finais do século IX., tras a reconquista.

O monte da Vilela aparece mencionado no Codex Calixtinus:

Vilafranca, á entrada da Veiga do Valcarce, Castro Sarracín; despois Villaus, o porto do monte Cebreiro.
Fragmento do Codex Calixtinus

O castelo está a ser restaurado pola Xunta de Castela e León[2][3].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]