Castellers de la Vila de Gràcia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
4 de 8 dos Castellers de la Vila de Gràcia en Lleida (24-10-2009)
2 de 7 en Granollers (novembro de 2007)
5 de 7 de Gràcia en La Mercè (24/09/2009)
Vano de cinc da colla de Gràcia na Praza de la Vila durante a Festa Maior de Gràcia (22/08/2009)
3 de 7 aixecat per sota no momento de ser coroado. Festa Maior de Gràcia (22/08/2009)
Escudo dos Castellers de la Vila de Gràcia

Os Castellers de la Vila de Gràcia son un grupo de castellers fundado no ano 1996. Teñen a súa sede no barrio de Gràcia, en Barcelona.

O primeiro 4 de 8 (castell de 8 pisos de altura e 4 persoas por piso) que descargaron os gracienses (descargar un castell quere dicir montalo e desmontalo sen caer) foi o 17 de agosto de 2003 na Praza de la Vila de Gràcia, con motivo da xornada Castellera da Festa Maior de Gràcia.

A mellor actuación da súa historia consistiu en 4 de 8, 3 de 8 (c) e 5 de 7.

Até o ano 2010, os Castellers de la Vila de Gràcia actuaron en 5 ocasións no Concurso de Castells que se celebra cada dous anos en Tarragona: o 2002, 2004, 2006, 2008 e 2010.

Popularmente son coñecidos coma a colla dels blaus (colla, que en catalán significa “grupo”, dos azuis), pola cor da súa camisa, ou a colla dels estudiants (colla dos estudantes), a causa do novos que son tradicionalmente os seus compoñentes.

Os Castellers de la Vila de Gràcia teñen unha fugaz aparición na película L'auberge espagnole de Cédric Klapisch.

Historia[editar | editar a fonte]

Os castells en Gràcia non son unha cousa nova, senón que hai referencias históricas que datan xa de finais do século XIX e até principios dos anos trinta do século XX. Cara ao 1890 constituíuse unha colla formada por persoas procedentes do campo de Tarragona que migraran por causa da crise da filoxera, os Xiquets de Gràcia. Posibelmente, estes novos gracienses atoparon, no ambiente popular da que era aínda unha Vila de Gràcia independente de Barcelona, a atmosfera propicia para desenvolver a actividade dos castells en forma de colla local. Hai constancia de que esta primeira colla actuou como mínimo dende a década dos 80 do século XIX, entre o 1900 e o 1910 e na segunda década do século XX. A maioría das actuacións leváronse a cabo durante a Festa Maior de Gràcia.

Os comezos[editar | editar a fonte]

Con todo, a historia dos actuais Castellers de la Vila de Gràcia empezou a principios dos anos 90 do século XX, cando un grupo de xente nova implicados na rede asociativa de Gràcia, afeccionados aos castells, comezaron a falar da posibilidade de crear unha colla castellera. Esta idea colleu forma cando decidiron facer a primeira reunión, en outubro de 1996, e comezaron a correr tamén as primeiras voces. Así, o primeiro ensaio convocouse o 23 de novembro dese mesmo ano na Praza del Sol, e xa reuniu unhas trinta persoas.

A primeira aparición pública da nova colla graciense foi en febreiro do 1997, co gallo da xornada castellera de Santa Eulalia na Praza de Sant Jaume de Barcelona, onde alzaron dous pilars de 4 (unha persoa por piso, 4 pisos; esta construción está considerada a máis sinxela de todo o repertorio). A primeira actuación na Praza de la Vila de Gràcia, considerada a praza propia da colla, foi o 4 de marzo de 1997; esta actuación reuniu uns sesenta castellers e realizáronse diversas construcións básicas.

Os primeiros castells[editar | editar a fonte]

A presentación oficial para o mundo casteller foi o 4 de maio de 1997. Apadriñados polos Castellers de Terrassa, os Castellers de Sants e os Castellers de Sant Andreu de la Barca, os de Gràcia xa descargaron os primeiros castells de 6 pisos. Esta primeira temporada foi unha época de importantes altibaixos, aínda que o traballo realizado durante todo o ano deu finalmente os seus froitos coa consecución dun castell de sete pisos, o 4 de 7, co gallo da súa Festividade o 23 de novembro.

O paso dos castells de 7 pisos aos de 8[editar | editar a fonte]

Nos anos seguintes a colla de Gràcia foi evolucionando positivamente, e consolidouse coma colla de 7, até que o 6 de outubro de 2002, co gallo do XIX Concurso de castells de Tarragona, cargaron o primeiro 4 de 8 da súa historia despois de ter descargado, tamén, o primeiro 2 de 7 na rolda anterior. Dende aquel 2002, os Castellers de la Vila de Gràcia non deixaron de construír o 4 de 8 ningún ano, e hoxe comezan a consolidarse coma colla de 8 e coma unha das 15-20 mellores collas do panorama casteller actual.

A colla graciense conta tamén dende os seus primeiros meses de existencia cun grupo de grallers propio, que é tamén unha escola de grallas para todos aqueles que desexen tocar a gralla nas diferentes actividades dos castellers.

No ano 1999 concedéuselle aos Castellers de la Vila de Gràcia a Medalla de Honor de Barcelona. Tamén son membros das Colles de Cultura Popular de Gràcia.

Ensaios[editar | editar a fonte]

Os Castellers de la Vila de Gràcia teñen empregado coma local de ensaio diferentes espazos do barrio, entre os que destacan a Escola Josep Maria Jujol, o centro Artesà de Gràcia e a antiga Escola OSI. Actualmente, e dende o 2002, o local de ensaio atópase na Escola Reina Violant (r/ Trilla,18 de Gràcia, Barcelona). Os ensaios son todos os martes e venres de 20:00 a 23:00.

Outras actividades[editar | editar a fonte]

Dende o ano 1998 os Castellers de la Vila de Gràcia producen a emisión do programa de radio de contido casteller "Terços amunt!", nas ondas de Ràdio Gràcia. Este programa de radio emitiuse sen interrupción dende entón até hoxe. O Terços amunt recibiu en 2010 o Premio Vila de Gràcia á mellor iniciativa comunicativa.

Mais a actividade extracastellera máis importante que realizan os Castellers de la Vila de Gràcia é a organización, dende o ano 2001, da decoración da Praza de la Vila de Gràcia no marco da Festa Maior de Gràcia.

Participación no Concurso de Tarragona[editar | editar a fonte]

Os Castellers de la Vila de Gràcia teñen participado en cinco edicións do Concurso de Tarragona. A continuación cítanse os concursos onde estivo presente a colla de Gràcia, os castells realizados e, entre parénteses e letra grosa, a posición final obtida:

  • XIX Concurso de castells de Tarragona (2002): 2 de 7, 4 de 8c, 5 de 7 (13)
  • XX Concurso de castells de Tarragona (2004): 4 de 8i, 4 d 8c, 5 de 7, 4 de 7a (14)
  • XXI Concurso de castells de Tarragona (2006): 2 de 7c, 4 de 8c (16)
  • XXII Concurso de castells de Tarragona (2008): 5 de 7, 4 de 8c, 4 de 7a (15)
  • XXIII Concurso de castells de Tarragona (2010): 4 de 8, 2 de 7, 5 de 7 (11)

Os Castellers de la Vila de Gràcia no mundo[editar | editar a fonte]

Actuacións realizadas fóra dos Países Cataláns:

Actuacións realizadas nos Países Cataláns (fóra de Cataluña)

Os Caps de Colla[editar | editar a fonte]

O Cap de Colla é o máximo responsable técnico nas collas castelleras.

Nome Período
Joaquim Besaran i Alberich novembro 1996-xuño 1997
Guillem Ortega i Tous 1997 (a partir do mes de xuño)
Jordi Ràfols i Brasó 1998-2000-2001
Carles Capellades i Sesé 1999-2004-2005
Joan Font i Basté 2002-2003
Oriol Constantí i González 2006-2007
Carles Gallardo i Prades 2008-2009
Aleix Vila i Fuertes 2010

Os presidentes[editar | editar a fonte]

Nome Período
Ramon Josep Serra i Ruiz "R.J." novembro 1996-xuño 1997
David Palau i Garcia 1997 (a partir do mes de xuño)
Josep Maria Porta i Palau 1998
Roger Gispert i Masó 1999-2000-2001-2004-2005
Miquel Moret i Parera 2002-2003
Martí Urgell i Vidal 2006-2007
Miquel Sendra i Pons 2008-2009
Arnau Dòria i Cerezo 2010

Primeiros castells conseguidos[editar | editar a fonte]

Castell Data Festividade
4 de 6 4 de maio de 1997 Presentación oficial
3 de 6 4 de maio de 1997 Presentación oficial
4 de 6 amb agulla 4 de maio de 1997 Presentación oficial
5 de 6 21 de setembro de 1997 La Mercè
3 de 6 per sota 16 de agosto de 1998 Festa Maior de Gràcia
pilar de 5 car. 16 de agosto de 1998 Festa Maior de Gràcia
Pilar de 5 18 de outubro de 1998 Festividade das collas do 97
pilar de 5 per sota 24 de novembro de 2002 Festividade dos Castellers de Badalona
2 de 6 car. 9 de novembro de 1997 Festividade dos Castellers de Sant Andreu de la Barca
2 de 6 29 de marzo de 1998 Solidaridade Nenos do Brasil
6 de 6 19 de agosto de 2000 Vésperas da Festa Maior de Gràcia
4 de 7 23 de novembro de 1997 I Festividade da Colla
3 de 7 car. 29 de novembro de 1998 Festividade dos Castellers de Badalona
3 de 7 26 de setembro de 1999 La Mercè
4 de 7 amb agulla car. 22 de novembro de 1998 II Festividade da Colla
4 de 7 amb l'agulla 16 de maio de 1999 II Aniversario da Colla
5 de 7 25 de setembro de 2000 La Mercè
3 de 7 amb agulla 25 de abril de 2010 San Xurxo, Sitges
3 de 7 aixecat per sota 19 de agosto de 2001 Festa Maior de Gràcia
2 de 7 car. 24 de setembro de 2002 La Mercè
2 de 7 6 de outubro de 2002 XIX Concurso de castells de Tarragona
4 de 8 car. 6 de outubro de 2002 XIX Concurso de castells de Tarragona
4 de 8 17 de agosto de 2003 Festa Maior de Gràcia
3 de 8 car. 24 de setembro de 2010 La Mercè

Bibliografía específica[editar | editar a fonte]

  • Albert Musons, Quim Perelló, Jordi Ràfols i Miquel Sendra: Xiquets ahir, castellers per sempre: Vila de Gràcia (1876-2002), Col·lecció "La Font de l'atzavara" del Taller d'Història de Gràcia, 111 páx., Barcelona.
  • Carles Gallardo: Blau, fraternitat i castells: Castellers de la Vila de Gràcia (1997-2001), 126 páx., publicado polos Castellers de la Vila de Gràcia.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Artigos relacionados[editar | editar a fonte]