Casteller
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un casteller é unha persoa que forma parte dun grupo no que interveñen ducias ou centenares de persoas co obxectivo común de levantar diferentes construcións humanas, sen axuda ningunha de elementos mecánicos. As formacións construídas polos castellers poden chegar a ter até dez pisos de altura. A figura do casteller ten máis de douscentos anos de historia, pois existen referencias xa no século XVIII, inicialmente no Campo de Tarragona, subindo posteriormente cara ao Penedès, e estendéndose durante o século XX por toda Cataluña, especialmente a partir dos anos 80.