Castejón
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castejón é un municipio situado na Comunidade Foral de Navarra, no meiriñado de Tudela, a 78 km da capital provincial, Pamplona. Limita cos concellos de Valtierra ao norte, Tudela ao leste e ao sur, con Corella ao suroeste, e co concello rioxano de Alfaro ao oeste.
Castejón, á beira dereita do río Ebro e a un paso da Rioxa, tivo un castelo que se cita xa no século XII. Por aí pasaba o camiño real de Pamplona a Madrid, con servizo de barca e barqueiro para o cruzamento do río. Logo, na segunda metade do século pasado, escolleuse este punto como nó dos ferrocarrís do Nordeste de España. Con iso a poboación foi crecendo, ata que en 1927 deixou de ser barrio de Corella e foi declarado municipio independente.
Índice |
Demografía [editar]
| 1975 | 1981 | 1986 | 1991 | 1996 | 2001 | 2006 |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 3.568 | 3.346 | 3.332 | 3.151 | 3.173 | 3.273 | 3.887 |
Monumentos [editar]
- Igrexa parroquial de San Francisco Xavier
- Museo do ferrocarril
- Antiga fábrica fariñeira
- Ponte "Sancho o maior"
- Antiga Casa de Quirós
Festas [editar]
- Festas da Virxe do Amparo, do 27 de xuño ao 2 de xullo, ambos inclusive.
- Festas de inverno, último fin de semana de novembro ou primeiro de decembro.
- Festas da xuventude, en marzo ou abril.
Persoeiros de sona [editar]
- Julio Antonio Elícegui, futbolista internacional (1910-2001)
- Javier Tejada Palacios, físico e catedrático da Universidade de Barcelona
- Jokin Muñoz, escritor (1963-)