Castala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Castala é un barrio do concello de Berja (provincia de Almería), situado ao norte da cidade a uns 6 quilómetros, na Serra de Gador. Nacido en torno á fonte do seu nome e a outra máis pequena, El Santo. Este barrio é a Castela romana, lugar que algúns tratan de identificar cun núcleo mozárabe que subsistiu durante todo o período musulmán. A tradición di que foi aquí onde residiu San Tesifón como bispo da diocese de Vergi. Non foi repoboada no século XVI, pero mantívose unha área de vivendas ata revitalizarse ó final do século XVIII coa explotación das minas de chumbo. Conta cunha igrexa do século XVIII (dedicada a San Tesifón). Ten 68 habitantes, divididos en dous barrios, un alto e outro baixo.[1]

Á beira do barrio atópase o Parque periurbano de Castala.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]