Caspar Bartholin o novo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caspar Bartholin ou Kaspar Bartholin, nado en 1655 e finado en 1738, foi un médico e anatomista dinamarqués.
Traxectoria [editar]
Naceu en Copenhaguen, neto de Caspar Bartholin o vello e fillo de Thomas Bartholin. Foi o primeiro en describir as glándulas da vaxina coñecidas como glándulas de Bartholin
Obras [editar]
- Diaphragmatis structura nova, 1676
- Specimen historiae anatomicae partium corporis humani, 1701