Caspar Friedrich Wolff

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCaspar Friedrich Wolff

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(de) Kaspar Friedrich Wolff Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xaneiro de 1734 Editar o valor em Wikidata
Berlín Editar o valor em Wikidata
Morte22 de febreiro de 1794 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
San Petersburgo, Rusia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Prusia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Halle-Wittenberg (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPsicoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmédico militar , fisiólogo , anatomista , profesor universitario , zoólogo , botánico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorCollegium Medicum (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaC.F.Wolff Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Caspar Friedrich Wolff, nado en Berlín o 18 de xaneiro de 1734 e finado en San Petersburgo o 22 de febreiro de 1794, foi un precursor da embrioloxía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Silueta de Caspar F. Wolff, realizada por F. Anting (1784). Este é un dos dous únicos retratos conservados e o único datado e de autor coñecido.

Fillo dun mestre xastre procedente de Prenzlau, Johann Wolff, e da súa muller, Anna Sophie. Da súa infancia e xuventude non se sabe nada, ata que en 1753 visita o Colexio médico cirúrxico de Berlín, o lugar de adestramento médico castrense da Real Academia de Ciencias. Alí recibe instrución de diferentes disciplinas médicas, dende botánica ata microscopía ou anatomía e coñece a numerosos científicos da época[1]. Desta escola fora director Maupertuis, quen xa escribira contra as teses preformacionistas e os seus escritos estaban daquela en boca de moitos estudantes, polo que se supón que sería unha das máis importantes influencias que o levaría a defender as teses epixenetistas.

En 1759, Wolff leu na Universidade de Halle a tese titulada Theoria Generationis, unha das súas principais obras.[2]

Exerceu como médico castrense do exército prusiano durante a Guerra franco-prusiana. Á volta da guerra non se incorporou de inmediato á vida académica, soamente o conseguiu en 1767 por mediación do matemático Leonhard Euler, que tiña moita influencia na Academia de Ciencias de San Petersburgo, onde obtivo a cátedra de anatomía. Destacou no estudo dos embrións animais, considerándose o pai da embrioloxía científica, e na botánica, estudando tamén o seu desenvolvemento.

Obra[editar | editar a fonte]

Na súa obra Theoria Generationis (1759), Wolff defende a teoría epixenética seguindo a Aristóteles e Harvey, opoñéndose á teoría predominante na época: o preformacionismo, de connotacións mecanicistas por non admitir ningún fenómeno vital non estudable, e tamén cunha ambivalencia mística por supoñer mundos previos e futuros nos que os seres serían eternos, como o preformacionismo do tardío Bonnet.

É precursor da morfoloxía de Goethe, pois Wolff defendía na súa tese que gran parte das plantas poden explicarse pola metamorfose das follas noutras estruturas especializadas noutras funcións, fundamentalmente a reprodución en forma de flores e outras estruturas.

Ilustración do seu libro Theoria Generationis (1759) onde se amosan distintos estadíos de desenvolvemento do embrión de polo, descubrimento clave para as súas ideas epixenetistas en animais.

Para el e os epixenetistas, un fluído homoxéneo daría lugar a un conxunto de órganos diferenciados, o cal apoiaba por estudos embriolóxicos: ante el aparecían vasos sanguíneos no blastoderma do polo, despois de repetidas observacións. Tamén anticipou a futura teoría das capas xerminativas mediante a descrición da aparición de follas embrionarias que se repregaban en túbulos e diversos órganos.

A forza que daba forma a estes órganos diferenciados seguía sendo un misterio, e chamouna vis essentialis, algo que entraba en contradición filosófica co mecanicismo imperante e que non foi completamente asimilado no mecanicismo aplicado á vida ata o descubrimento do ADN como depositario da información xenética, xa no século XX.

Influencia[editar | editar a fonte]

A súa obra tivo moito impacto a finais do século XVIII e primeira metade do século XIX tanto en ciencia como en filosofía[3]. Blumenbach, Herder e Goethe foron destacados intelectuais que empregaron os seus descubrimentos para desenvolver as súas propias ideas. Goethe incluso reeditará a súa obra máis destacada en 1817. Karl Erns von Baer dixo dos seus traballos que eran "a maoir obra mestra da observación científica"[4].

Algúns dos seus puntos de vista non foron ben recibidos, especialmente por Albrecht von Haller.[5]

Legado[editar | editar a fonte]

Taxonomía botánica[editar | editar a fonte]

A abreviatura C.F.Wolff emprégase para indicar a Caspar Friedrich Wolff como autoridade na taxonomía científica das plantas.

Epónimos[editar | editar a fonte]

  • Condutos de Wolff: no aparato xenital embrionario, dexeneran nas femias dos mamíferos e consérvanse nos machos como condutos espermáticos.
  • Corpo de Wolff ou Mesonefros: corpo embrionario que permanece en vertebrados inferiores e transfórmase en mamíferos e aves para dar o ril.
  • Illotes de Wolff & Pander: primordios sanguíneos externos ao embrión, que conectarán a circulación embrionaria co corion.

Libros[editar | editar a fonte]

  • Theoria Generationis (1759)
  • De Formatione Intestinorum (1768)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Embriología – Caspar Friedrich Wolf". especialidades.sld.cu. Consultado o 2022-05-19. 
  2. "Caspar Friedrich Wolff (1734-1794) ; The Embryo Project Encyclopedia". embryo.asu.edu (en inglés). Consultado o 2022-05-19. 
  3. "Teoría de la Generación, Kaspar Friedrich Wolff". criticadelibros.com (en castelán). Consultado o 19 de maio de 2022. 
  4. "Caspar Friedrich Wolff". www.whonamedit.com. Consultado o 2022-05-19. 
  5. "Caspar_Friedrich_Wolff". www.quimica.es (en castelán). Consultado o 2022-05-19. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]