Caso 4F

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Palau Alòs no 2005, antes da súa restauración.

O chamado caso 4F (en catalán: Cas 4F) é un caso de corrupción policial, montaxe e falsificación de probas, con implicacións políticas e xudiciais. Ten relación cos feitos ocorridos o 4 de febreiro de 2006. Ese día, a Garda Urbana de Barcelona detivo varias persoas por suposta relación coa agresión a un axente (o cal ficou tetrapléxico) durante unha festa no Palau Alòs de Barcelona, daquela okupado. Algunhas das persoas foron condenadas a prisión. Unha delas, Patricia Heras, suicidouse durante un permiso penitenciario en 2011.[1][2] O caso fíxose moi coñecido grazas ó filme documental Ciutat Morta, que conta a historia das irregularidades.

Reivindicacións dos feitos[editar | editar a fonte]

O "Palau del Cinema", rebautizado como "Cinema Patricia Heras", durante a okupación do 8 de xuño de 2013

Amnistía Internacional denunciou o caso e as torturas que recibiron os principais detidos.[2] O xuíz acabou por arquivar as denuncias contra os axentes.[3]

En 2011 naceu a plataforma Des-muntatge 4F, co obxectivo de «desmontar a versión oficial».[4] Dende entón, familiares, amigos e entidades próximas ós condenados pediron a revisión do caso e organizaron actos de protesta nas rúas, como a ocupación do "Palau del Cinema" da Via Laietana de Barcelona, o 8 de xuño de 2013 para proxectar o documental 4F: ni oblit ni perdó.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Oller, Xavier (9 de xuño de 2013). "Noticia do 3/24". 
  2. 2,0 2,1 "Una de les preses del 4F se suïcida després de sis mesos en presó". Vilaweb. 27 de abril de 2011. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2015. Consultado o 21 de xaneiro de 2015. 
  3. "Nueva ‘okupación’ del antiguo Palacio del Cinema". El País (en castelán). 9 de xuño de 2013. 
  4. VilaWeb, ed. (10 de novembro de 2011). "Contra l'oblit del cas 4F". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2015. Consultado o 22 de xaneiro de 2015. 
  5. 324.cat, ed. (9 de xuño de 2013). "Ocupen el Palau del Cinema de Via Laietana per projectar el documental sobre el polèmic "cas 4F"".