Casacas vermellas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soldado británico coa casaca vermella sobre 1742.

Casacas Vermellas foi o nome utilizado para referirse aos soldados do exercito inglés durante o século XVIII. Dise que a súa orixe se remonta ao xeneral inglés Oliver Cromwell que a utilizou por primeira vez no seu exercito, ou ben foi utilizada polo exercito privado da Compañía das Indias Orientais durante os séculos XVII e XVIII. O nome viña de que seu uniforme, tanto cerimonial como de batalla, consistía nunha casaca de cor vermella. Os casacas vermellos foron probados en diversos conflitos, como as Guerras Napoleónicas, a Revolución Americana ou a Guerra Bóer.